S.D.C. RECESENDE 3 – 2 CARCACÍA S.D.

IMG-20140209-WA0031

TRES PUNTOS MÁIS PARA A BUCHACA

Partido intenso o que se viu hoxe en Recesende entre dous equipos que xogaron de poder a poder e na que os visitantes foron superiores na primeira metade e o Rece na segunda. Neste aspecto tivo un factor decisivo o tremendo vento que soprou na Devesiña. O partido estaba en dúbidas de disputarse xa que o árbitro non as tiña todas consigo de que o campo estivera ben para xogar, pero o terreo aguantou perfectamente e salvo algunhas zonas dunha banda, estaba ben para a práctica do fútbol.

IMG-20140209-WA0045

Como se apuntaba, o Carcacía dominou o xogo durante os primeiros 45 minutos. Mellor posicionados no campo, a defensa firme e sen complicacións, os interiores moi abertos e gañaban todos os balóns divididos. Con estes antecedentes, o gol visitante era previsible. No minuto 9 chegou un dos goles cómicos da tempada. Fallo na saída do balón de Muras, disparo lexano dun xogador visitante que Diego non é quen de atallar quedando o rexeito para o dianteiro que manda o balón ao largueiro e Carabán, no intento de despexar o balón, estrélao contra Nacho indo o esférico para o fondo das redes. 0-1 e moito que remar.

Este gol non foi quen e facernos espavilar e non conseguimos dar un paso adiante e axudar aos homes de arriba nas xogadas de ataque. Estabamos moi imprecisos en balóns fáciles e a defensa rival non pasou apuros. Durante o resto de minutos da primeira parte, o Carcacía seguiu co dominio do xogo pero tampouco superaba a nosa última liña. A única ocasión clara da que dispuxemos antes do descanso, foi nunha falta lateral que o porteiro rexeitou cara o medio e Lojo, no seu disparo, topou co gardamallas cando tiña todo de cara para marcar.

IMG-20140209-WA0035

Na segunda parte todo cambiou. Xa co aire a favor, os nosos desplazamentos non se quedaban cortos e os homes de arriba tiñan campo para correr. A pesar de que os primeiros cinco minutos o Carcacía era quen seguía apretando, o punto de inflexión chegou coa ocasión de Lojo quen mandou o balón ao pao nun man a man co porteiro rival. Tras esta gran ocasión viñémonos arriba e en 7 minutos conseguimos 3 goles.

IMG-20140209-WA0049

O 1-1 chegou no minuto 57, cando Muras aproveitou un barullo na área para conseguir o empate. Tan sólo dous minutos despois, Lojo volteaba o marcador tras unha boa xogada de Rafa que lle daba o pase da morte: 2-1. O 3-1 chegou no 64, cando un despexe da nosa defensa convertíase nunha asistencia para Rafa quen batia cun sombreiro o meta, aproveitando a pasividade defensiva do Carcacía.

Non soupemos xestionar ben esta ventaxa de dous goles xa que o Carcacía pillounos varias veces a contra con ocasións perigosas para recortar distancias. Foi nunha desas, no minuto 73 cando sí conseguiu o 3-2 nunha boa xogada do interior dereito que lle dou en bandexa o gol a un compañeiro seu.

IMG-20140209-WA0038

Faltaban 20 minutos e os nervios ían en aumento, xa que o Carcacía quería encerrarnos e a nos faltábanos esa calma e sangue fria para parar o ritmo. Por sorte, o resultado non se moveu e os tres puntos volveron a quedar na Devesiña, que aplaudeu con forza tras o pitido final para felicitar ós seus polo esforzo.

Esta victoria foi dedicada ao noso xogador Roni, quen nas últimas horas perdeu a un ser querido. ÁNIMO RONI!!!!

Xogaron: Diego, Gus, Nacho, Jhoni, Carabán, Muras, Tubío (Adrián), Mika (Gabi), Lojo, Rafa, Munin (Mario).

Goles: Muras, Lojo e Rafa

gol

ENTREVISTA A MARTÍN PÉREZ, FOTÓGRAFO DO CALENDARIO DO RECE

O calendario do Rece, que deu tanto que falar, non sería o mesmo sen o fenomenal traballo do fotógrafo Martín Pérez que, xunto con Anxo Resúa, formaron A Fiestra, unha empresa adicada a fotografía para eventos, publicidade, moda e música. Podedes ver os seus traballos en www.afiestra.com e en https://www.facebook.com/AFiestra

Para coñecer a impresión e as conclusións que Martín ten acerca do calendario, fixémoslle unhas cantas preguntas:

– ¿En qué momento da túa vida te deches de conta de que che gustaba a fotografía?   

Pois foi logo do instituto, un pouco de rebote, cando comecei o ciclo e me enganchei nisto.

  – ¿Cánto tempo fai que te iniciaches nesta aventura profesional?  

Dende xullo de 2013, no Festival Antrospinos, co meu socio Anxo.

  – ¿Cál é o balance que fas ata o momento?   Pois non nos podemos queixar, van saíndo cousas e imos mellorando en todo.

– ¿Algunha vez che propuxeran un traballo parecido ou similar ao noso calendario?  

Pois non, fochedes os primeiros.

– ¿Qué foi o primeiro que pensaches cando cho propuxeron?

Fíxome gracia, pero bueno parecéume una boa idea.

– O factor de que xa conocías a maioría dos xogadores, ¿foi algo positivo ou negativo á hora de sacar as fotos?  

Moi positivo, así o día das fotos había un ambiente mais relaxado e penso que nadie se puxo nervioso jaja.

– ¿Siguen a gustarche as mulleres despois de ver os corpazos dos nosos xogadores?  

Esta é una pregunta difícil de responder eh…jajaja pero sí, aínda prefiro as mulleres!

– ¿Cál crees que é o mes do calendario que mellor quedou, o máis orixinal?

Pois xa che digo, a idea era orixinal e quedei contento con todos…pero se teño que escoller unha quédome con outubro!

– Para aclarar rumores… ¿Hai algo de photoshop nas fotos? ¿Algún dos protagonistas intentou sobornarte para que lle puxeras máis musculitos ou lle borraras algún michelín?

Houbo algún que outro intento de soborno sí, pero non hai retoques, salen todos como son jaja

Para contactar con estes fantásticos profesionais podes chamarlles ó número 628815123, ou enviarlle un email a: afiestra.foto@gmail.com