O verán rematou pero as boas festas aínda non. E falando de boas festas anunciámosvos ésta que teñen preparada os nosos amigos da Charaga TNT
para o sábado día 19 de outubro no local social de Oza (Teo). Como podedes observar no cartel, a festa comezará a partir das 23:00 e contara coa presencia de cinco Djs e da propia Charanga TNT, así como unha exposición de coches de competición. A entrada será de balde e os prezos “anticrise”.
Eu de vos non me perdía esta pedazo festa de fin de temporada da Charanga TNT porque promete!!
Arquivo da categoría: Xeral
Número de visitas da web
Tras seis meses de existencia, a páxina web do Recesende mostra estes resultados de visitas. Estamos bastantes sorprendidos non tanto pola cantidade, que tamén, senón polo crecemento que estamos a obter. Esperamos seguir así xa que sería un síntoma de que estamos a facer ben as cousas. Xa que no terreo de xogo non nos están saíndo as cousas como quixéramos, polo menos noutros “departamentos” do clube levamos algunha que outra alegría.