CONVOCATORIA 5ª XORNADA

libreta


Como vedes casi temos tantas baixas como xogadores dispoñibles, pero imos a Carcacía convencidos de que os tres puntos son posibles.
O Carcacía atópase nunha cómoda oitava posición, con 2 partidos gañados e dous perdidos. Chama a atención que nestes catro partidos que disputou sólo marcou 3 goles pero únicamente recibiu 2 goles, mostra da súa sólidez defensiva. Este equipo empezou a liga moi dubitativo tras perder os dous primeiros encontros pola mínima frente ó Taragoña e o Palmeira, pero recuperouse e logrou encadenar dúas vitorias consecutivas, chegando en racha para enfrentarse a nos.

ÁNIMO SUSITO

IMG-20130924-WA0002

Onte foi un día malo para o clube xa que a última hora recibimos a chamada de Suso informándonos de que as probas que lle realizaron na súa rodilla recién operada deran malas noticias e case con total seguridade sufre unha nova rotura. Falta esperar a que se lle realize a resonancia e ésta dirá con certeza cál é o alcanze da súa lesión. Recordemos que Suso sufriu fai un par de tempadas a temida triada (rotura de menisco e ligamento cruzado), ós poucos meses tivo problemas coa recuperación que lle obligaron a pasar por quirófano. Agora, cando parecía que a súa rodilla o estaba a respetar, volve a sufrir éste traspés.
Esperemos que a resonancia nos dea as mellores noticias posibles e que moi pronto poidamos volver a disfrutar deste pedazo de xogador, ao cal todos os compañeiros do equipo lle temos moito aprecio a pesar do pouco tempo que leva con nos e sobre o que todos temos a mesma opinión: “é un luxo xogar con él”.
DE PARTE DO RECESENDE, TODO O NOSO APOIO