Imaxes correspondentes a Asamblea de socios celebrada o pasado venres no local social de Recesende, no que se presentaron as contas da pasada tempada e se presentou a directiva para esta nova tempada. Á noite publicaremos como queda o organigrama do clube despois da entrada de xente para axudar ao clube. Como ben se ve na foto de abaixo, tamén se fixo oficial a presentación como secretario/tesoureiro de Alberto Golán.

Arquivo da categoría: Xeral
Asamblea 2012 – 2013
Convócase ós socios do clube a asamblea a celebrar o vindeiro venres 12 de xullo ás 22:00 horas no local social de Recesende cos seguintes puntos do día:
* Presentación de contas do clube relativas a tempada 2012-2013.
* Nomeamento da Xunta Directiva de cara a tempada 2013-2014.
* Rogos e preguntas.
O Presidente,
Pablo García Seoane.