Confirmamos a CLÍNICA SANDÁ como unha nova empresa que apoia ó Recesende. Situada na céntrica Rúa do Hórreo santiaguesa, ofrece todo tipo de tratamentos de fisioterapia e osteopatía sempre coa mellor atención e contando cun equipo de profesionales. Un millón de gracias por confiar no Recesende!
Falando de fisioterapia… o equipo comezou hoxe a terceira semana de adestramentos e as típicas lesións destas datas xa comezaron a aparecer, pero esperemos que non vaian máis alá.
Confirmamos que éste sábado xogaremos un segundo amigable frente ao Bertamiráns B, que milita na primeira autonómica.
Arquivo da categoría: Xeral
MELLORAS NO CAMPO
Estes días comezaron as obras para mellorar as instalacións da Devesiña. A principios de semana era o persoal do concello o que se encargou de continuar o traballo comezado pola directiva de cortar a herba colindante ó terreo de xogo (que non era pouca). E hoxe chegaron as máquinas co fin de nivelar o campo, retirar a terra vexetal e un aporte de entre 2-3 cm de area compactada. Esperemos que nos quede un terreo de xogo decente, xa que a tempada pasada deunos bastante traballo telo nas mellores condicións posibles.
Éstes son os primeiros pasos para conseguir unha mellora das instalacións (municipais), xa que tamén solicitamos mover os banquillos que están demasiado cerca do terreo de xogo, a colocación dunha rede que evite que os balóns acaben no río (a que tiñamos rompeu) e o asfaltado da entrada ó campo, así como colocar ben os focos que debido ó vento sufriron un pequeno desvío.
Veremos o que damos conseguido, pero intentar vamos a intentalo