S.D.C. RECESENDE – SH PALMEIRA

DSC04942

S.D.C. RECESENDE – SH PALMEIRA
O encontro máis emocionante da xornada 12 disputarase na Devesiña, xa que se enfrontan dous equipos igualados a 22 puntos que ocupan o 4º e 3º lugar da táboa.
O Palmeira presenta exactamente os mesmos números que o Rece, con 7 encontros gañados, 1 empatado e 3 partidos perdidos. A gran diferencia radica nos goles, tanto nos marcados coma nos encaixados. Suman 28 goles a favor, 10 máis que nós; recibiron 20 tantos en contra, por tan sólo 12 que encaixamos nós.

C.D. DODRO – S.D.C. RECESENDE

10620322_793535534037533_726603165493084280_o

C.D. DODRO – S.D.C. RECESENDE
Viaxamos a Dodro para un partido complicado que seguro nos espera. O rival, con dous puntos menos que nós, está anclado na oitava posición despois de gañar 4 partidos, empatar 5 e perder sólo 1 encontro.
O noso equipo, tras a plaga de lesións que está a sufrir, veuse na case na obriga de buscar algún fichaxe e xa conta con unha ficha máis, o cal vos presentaremos mañán, e pode ter a oportunidade de debutar neste partido.
Encontro importante tanto polo nivel do rival, como pola pouca distancia que nos separa na táboa.