S.D.C. RECESENDE – S.D. URDILDE

urddildde

S.D.C. RECESENDE – S.D. URDILDE
Nesta xornada recibimos a visita do Urdilde, equipo que campea pola parte media-baixa da táboa e que necesita puntuar para afastarse dos postos perigosos. O partido para nos tamén ten interese xa que despois dos últimos partidos nos que estamos a xogar realmente mal, necesitamos un bo partido que nos faga lavar a imaxe dada anteriormente, e que mellor que esta ocasión diante dos nosos aficionados.
O Urdilde chega a este encontro con 37 puntos, cinco menos que nos e preenta estes números: 9 partidos gañados, 10 empatados e outros 10 perdidos, sumando 33 goles a favor e 36 en contra. Trátase dunha das plantillas que menos goles marca e que menos goles recibe.
Esperemos que se repita o sucedido no partido de ida, onde conseguimos traernos os tres puntos para a casa.
Pemán dixo que mañan non chove, asi que non hai excusa para non presentarse as 17:00 horas na Devesiña.

PALMEIRA S.H. – S.D.C. RECESENDE

palm
PALMEIRA S.H. – S.D.C. RECESENDE
A xornada número 29 desta segunda autonómica, lévanos a visitar o campo do Palmeira, equipo que se atopa na último posto da táboa e que está intentando apurar as súas opcións para quedarse na categoría. A pesar de ser o colista, non nos fiamos para nada deste equipo xa que hai varios factores que nos levan a pensar que será un partido moi difícil:
1. Eles están a xogarse a vida, mentres que a nos pódenos pasar factura a relaxación por estar case cos deberes feitos.
2. No partido de ida o resultado foi de 3-1 para nos, pero esta vitoria decidiuse con dous goles nos últimos minutos. Foi un dos equipos que máis problemas nos dou na Devesiña.
3. As baixas. Outra semana máis temos problemas para facer a convocatoria. A estas horas sólo dispoñemos de 11 xogadores fixos e 3 que están en dúbida.
O Palmeira presenta os seguintes números: 6 partidos gañados, 5 empatados e 16 encontros perdidos; con 29 goles a favor e 51 en contra. Conta cun partido atrasado que o xogará no día de hoxe, polo que o posible cansancio dos seus homes é un factor que debemos e temos que aproveitar.