S.D.C. RECESENDE – C.D. DODRO

JH

Este domingo visita A Devesiña o Dodro, un equipo que está inmerso na loita polo ascenso. Situado na terceira posición, a 5 puntos do segundo posto que da dereito a xogar a fase de ascenso, estamos seguros de que virán con moitas ganas e todo o que sexa non volver cos tres puntos será un mal resultado para eles. Intentaremos aproveitarnos da súa ansia por conseguir a victoria, aínda que para nos tamén é un encontro importante se non queremos mete…rnos en problemas.
Tras 25 xornadas disputadas, estes son os números do rival: 10 partidos gañados, 9 empatados e 6 perdidos, cun total de 45 goles a favor e 34 en contra.
O partido de ida marcou un punto de inflexión para o noso equipo xa que máis alá do 1-4 conseguido, foi o inicio dunha boa senda de resultados que nos levou a abandonar os últimos postos da clasificación. Esperemos que se repita a historia e que unha victoria neste partido veña acompañado de bos resultados nos seguintes partidos.

FURIA A.C. S.D.C. RECESENDE

furi
FURIA A.C. – S.D.C. RECESENDE
Partido adiantado da xornada 25 que esperamos con máis ansia que nunca para lavar a imaxen deixada no partido anterior. Non será fácil porque enfrente estará o Furia, un equipo que xa nos roubou os tres puntos …na ida cun 0-2. Este equipo está loitando por sair dos postos de descenso e ocupa a posición 14, cos seguintes números: 8 partidos gañados, 3 empatados e 13 perdidos, sumando un total de 38 goles a favor e 51 en contra. Os seus últimos encontros foron bastante movidos en canto a goles se refire xa que se marcaron una media de máis de 5 goles (recibidos e marcados) en cada un dos seus últimos 7 partidos. Vemos tamén que sólo empatou en tres ocasións, polo que presumimos que é un equipo que non especula co resultado e que sae a gañar dende o principio. Recordar que o partido non se xogará en Valga, senón que será no campo de PONTECESURES. Alí vos esperamos!!