S.D.C. RECESENDE – CARCACÍA S.D.

1782102_654764524581302_368849177_n

Partido entre dous equipos moi parexos na clasificación, xa que sólo un punto os separan. Quen saia gañador deste duelo, dará un paso importante nas súas aspiracións e conseguirá ter a moral polas nubes. O Carcacía ven de acadar 2 empates nos seus dous últimos partidos e chegados á xornada 22, presenta estes números: 8 partidos gañados, 7 empatados e 6 encontros perdidos; con un balance de 30 goles a favor e  sólo 24 dianas en contra. No partido de ida o resultado foi de empate a cero goles.

O Carcacía trátase dun rival correoso, que pelexa cada balón ao máximo e que o seu fútbol básase nun alto porcentaxe no físico. Recordar que na presente edición da Copa do Sar foi capaz de eliminar a todo un Villestro, equipo que loita por ascender a Preferente.

 

S.D.C. RECESENDE – S.D. ESCLAVITUD

local

Partido duro e de garra o que se preve que se dispute hoxe na Devesiña entre dous equipos que, aínda que sólo os separan catro puntos de diferencia, agora mesmo as súas miras son distintas. Pola nosa parte queremos sumar tres puntos para alexarnos definitivamente dos postos perigosos; e os visitantes quererán gañar para acercarse á zona de promoción de ascenso a cal teñen a sólo 3 puntos.
O Esclavitud ven de conseguir tres empates nos seus últimos tres partidos e chega con estes números: 8 partidos gañados, 7 empatados e 5 encontros perdidos, conseguindo 29 goles a favor e 21 en contra. No partido de ida, o resultado foi de 5-0 no que posiblemente fora o peor partido do Recesende no que vai de liga. Esperamos poder desquitarnos e conseguir unha victoria que nos permite afrontar un pouco máis tranquilos o seguinte partido.