CF Rarís – SDC Recesende

raris-recesendeMañán é Domingo e Domingo comeza con “D”, sí, con “D” de DERBYYY!!
No campo das Medas, dende as 17:00 horas vaise vivir un encontro que promete ser de altísima disputa. O Rece non perde a esperanza de alcanzar o primeiro posto, mentras que o Rarís quere apurar as súas opcións para meterse no playoff de ascenso.
Se queres pasar unha tarde domingueira de emoción, non o dudes e acercate ao campo de fútbol de Rarís. E se o teu fanatismo polo fútbol alcanza cotas inimaxinables, podes vir antes e presenciar o quentamento de ambos equipos, igual ata tes sorte e presencias algo similar ao de Messi e Alves… bueno, quizais non.

Recorda, mañán as 17:00 derby de Teo, CF RARIS – SDC RECESENDE!

S.D.C. RECESENDE – PRAIÑA SC

recesende-prainhaMañán é o día.
Mañan é cando temos que demostrar que aínda creemos no primeiro posto e que para eso, sólo nos vale a victoria.

Sabemos que non dependemos de nos, que necesitamos dous baches máis do rival, pero o que sí está nas nosas máns é loitar ata o último momento.

Se o conseguimos, de maravilla, senón, que non nos achaquen que non o demos todo.
O Praiña, sólido lider da categoría, chega a este partido cos seguintes números: 16 partidos gañados, 4 empatados e ningún partido perdido, con 76 goles a favor (3,8 por partido) e 23 en contra (1,15 por partido). Hai que admitir que son uns datos moi, moi bos, sobre todo o feito de que tratase dun equipo que, a falta de catro partidos para o remate a liga, segue invicto.
Pola nos parte, o Recesende, temos os seguintes datos: 14 partidos gañados, 4 empatados e 2 perdidos, con 48 goles a favor (2,4 por partido) e 17 en contra (0.85 por partido). Os nosos números, posiblemente noutra liga, permitiríannos ir de primeiros clasificados.
O Praiña ven de empatar dous, dos seus últimos 3 encontros; pola contra, nos sumamos 9 dos últimos 9 puntos en xogo.

Para este gran partido, os 16 valentes que o Recesende terá a súa disposición son: Luis, Diego, Carabán, Julio, Jabali, Nacho, Adrián, Tubío, Moro, Muras, Munin, Lojo, Alex, Rafa, Mario e Osvaldo; dirixidos dende o banquillo polo dúo Paco-Franelas.
Xa o sabedes, se queredes vir a ver emoción, tensión, loita e sobre todo fútbol, acercádevos ao campo de fútbol de Recesende.

¿Cándo? Domingo 24
¿Ónde? A Devesiña
¿Hora? 17:00