Comeza o serio, comeza a liga. Este domingo inauguramos o campionato viaxando e enfretándonos ó Ccd Taragoña – Futbol, equipo que a tempada pasada estivo moi cerca de conseguir xogar a fase de ascenso e que parece ser que manteñen o mesmo bloque. Será por tanto un encontro complicado o que nos espera e no cal procuraremos non virnos de vacío.
Ollo ao inusual horario, recordade 19:30 horas.
Arquivo da categoría: Encontro da xornada
FURIA A.C. – S.D.C. RECESENDE
FURIA A.C. – S.D.C. RECESENDE
Viaxamos a Pontecesures para enfrentarnos ó pechacancelas da clasificación, o Furia, equipo que de non conseguir gañar o encontro dirá adiós as súas complicadas opcións de conseguir a permanencia. Teremos diante, a priori, un rival que vai dar todo de sí dende o minuto un polo que, en caso de que non consigamos igualalos en intensidade, verémonos desbordados.
No partido de ida o resultado foi de empate a 1.