S.D.C. RECESENDE – U.D. QUEIRUGA
Esta semana toca recibir ó Queiruga, equipo que circula nunha cómoda 7ª posición e que, coma nós, xa fixo os deberes con anticipación.
Unha vez sabido que nadie nos movera da quinta plaza, agora o obxetivo é conseguir 60 puntos; polo momento temos 55 e restan 9 puntos en xogo.
No partido de ida, o resultado foi de empate a 1.
Arquivo da categoría: Encontro da xornada
S.D.C. RECESENDE – S.D. URDILDE
S.D.C. RECESENDE – S.D. URDILDE
Estamos xa na xornada 27 e restan 8 partidos para a competición chegue ó seu fin. Cada punto comeza a ser decisivo e xa non se pode sair a especular.
O rival deste domingo camiña pola posición decimoterceira, sete puntos por arriba dos postos que dan lugar ó descenso. Parece unha distancia para non estar nerviosos, pero hai que ter en conta os arrastres e entón necesitan sumar e non complicarse.
Ata o momento suman 7 partidos gañados, 8 empatados e 11 perdidos, con 35 goles a favor e 38 encaixados.
Parece ser que cambiar de adestrador fai dúas semanas e no último partido, conseguiron gañar ao Dodro. Recordar que no partio de ida sufrimos a maior goleada desta campaña cun resultado en contra de 4-1. Aires de revancha corren por A Devesiña…