S.D. CACHEIRAS – S.D.C. RECESENDE

100_20491Esperadísimo derbi entre dous equipos situados na parte alta da táboa. O Cacheiras chega ó encontro nun pequeno baixón no que a resultados se refire. Despois de encadear 11 encontros gañados consecutivamente que o levaron ó primeiro posto, sólo sumou un punto nas útlimas dúas xornadas que lle fixo descender a terceira posición. É o segundo equipo máis goleador e o que menos goles recibiu.
Todo indica a que será un partido moi disputado no que teremos que dar máis do 100% para levarnos a vitoria.
No partido de ida o resultado foi de 1-3 para o Cacheiras.
Recesendianos, vinde a apoiarnos “contigo somos máis, contigo somos mellores”

S.D.C. RECESENDE – FURIA A.C.

CARTELACO111S.D.C. RECESENDE – FURIA A.C.
Este domingo despedimos o ano en canto a fútbol se refire. A última xornada do 2014 trae á Devesiña ó Furia, equipo que non está realizando a súa mellor tempada nin moito menos. 3 encontros gañados 2 empatados e 10 partidos perdidos derivan en que estea situado no fondo da táboa. A pesar disto, non nos fiamos para nada deste plantel xa que non se nos dou nada ben nas últimas tempadas. Sen ir máis lexos, no curso pasado saímos derrotados nos dous enfrentamentos contra eles.
Como queremos rematar o ano felices como perdices e que vos o vexades, animámosvos a todos a que asistades á Devesiña e asi ver de paso en persoa o guapa que quedou a grada!