Un domingo máis e un partido máis no que de novo estamos obligados a gañar. En outras circunstancias un empate sería un bo resultado pero vendo a táboa clasificatoria case que non podemos dar un punto por bo.
Enfrente está o Dodro, único equipo invicto da categoría e que está a demostrar ser un equipo moi sólido, sen fisuras. Ocupando a quinta praza, os seus números son os seguintes: 3 partidos gañados, 5 empatados e ningún partido perdido; sumando 15 goles a favor e 7 en contra.
Non é o campo de Chenlo o máis propicio para o Recesende, xa que o único partido que xogamos nese campo unha vez foi transformado en campo de herba artificial, acabou con derrota para o noso equipo por 1-0.