CD SAR 1- 0 SDC RECESENDE

nmMAL PARTIDO = DERROTA

Das risas do sábado a noite na cea de equipo, pasamos ás caras de cansancio de antes do partido para terminar con caras largas ó fin de éste.

O encontro foi moi trabado durante os noventa minutos. As xogadas combinativas brillaban pola súa ausencia por ambos lados e as escasas ocasións procedçian de balóns roubados en medio campo con rápidas xogadas de ataque.IMG-20151026-WA0009

Nos primeiros vinte minutos, o xogo non tivo dominador, ninguén era quen de dar un paso adiante e tomar as rendas para ir a polo gol. As nosas ocasións máis claras foron un disparo moi lexano de Osvaldo intentando sorprender pero que se marchou alto e un remate de cabeza que obligou ó porteiro a despexalo a córner. Tras estes minutos iniciais, foron os locais os que conseguiron ter máis a posesion do esférico e a encadear varias xogadas de perigo. Nós non eramos capaces de sacarnos a presión de encima e o asunto tiña mala pinta.IMG-20151026-WA0006

Foi no minuto 38 no que a nosa falta de intensidade provocou que un xogador rival collera o balón na zona de tres cuartos, tivera tempo de sobra para mirar e pensar o pase sen oposición e puxera un bo balón ás espaldas da nosa defensa para que o seu compañeiro sólo tivera que controlar e batir a Mateo cun disparo cruzado: 1-0.IMG-20151026-WA0005

En desventaxa chegamos ó descanso confiados en poder reaccionar e remontar na segunda metade.

Nos primeiros intres despois da volta de vestiarios sí que se veu un Rece que quería ir a polo partido, especialmente cun Pedro moi activo que dispuxo da nosa mellor ocasión tras unha xogada individual que rematou cun disparo rozando a escadra. IMG-20151026-WA0013

Pouco a pouco o Sar foi enfriando o encontro e afastando o balón da súa zona de perigo. A esta situación tamén axudou o árbitro que desquiciou a locais e visitantes coas súas decisións, pero eramos nós quen tiñamos as de perder xa que as súas continuas interrupcións do encontro xogaban na nosa contra.IMG-20151026-WA0003

Os minutos pasaban e o Sar non estaba incómodo defendendo o resultado. Peri tivo unha boa ocasión pero o seu tiro saiu demasiado cruzado. Máis tarde sería o turno para Rafa cun tiro libre que o meta salvou con apuros logo de que o balón salvara a barreira.

Non houbo tempo para máis e terceira derrota da tempada, as tres a domicilio onde sólo conseguimos sacara tres dos doce untos en xogo. Asi que xa temos tarea pendente.

Xogaron: Mateo, Brais, Jusepe (Gustavo), Carabán, Muras, Mika, Lojo (Pedro), Roni, Rafa, Portos (Peri) e Osvaldo.