CD SAR 1 – S.D.C. RECESENDE 3

1379319_593903157334106_1445881019_n

Por fin aterrizou en Recesende a primeira victoria na segunda rexional e fixoo como ten que ser, cun bo xogo e loitando durante os 90 minutos. Durante a semana o corpo técnico e os capitáns reuníronse cos xogadores para ver que era no que estabamos a fallar e que era o que tiñamos que mellorar, e chegamos a conclusión de que había que empezar por entrenar con intensidade e concentración ó 100% e despois esto mesmo se vería durante os partidos. Pois nada máis lexos da realidade, xa que no partido de hoxe, entre os adxectivos que se lle poden atribuir ó equipo están o de concentración, intensidade e sobretodo compromiso e loita.

IMG-20131013-WA0001O tempo parece que no estaba pola labor de poñer un bonito ambiente para o partido, con constantes choivas nos momentos previos a éste, pero durante o partido portouse e case non se viron gotas. Así pois, os nosos sairon ó campo máis que convencidos de que un bo resultado era posible, a pesar de que no amistoso xogado en pretemporada contra o Sar, o resultado fora de 5-1 para os locais. O partido comezou cos nosos xogadores presionando xa arriba, feito este que provocou que o porteiro do Sar, tras sacar o balón en corto en dúas ocasións sen moito éxito, non probara máis e se decidira a buscar os balóns en largo ao figurita do seu dianteiro (digo figurita porque da súa boca sairon frases coma: “pero como podemos perder contra éstes”). Froito da presión do Rece, o Sar non era capaz de facer un xogo combinativo, mentras que nos cada vez que roubamos o balóns saiamos rápido a buscar a portería. O control do medio do campo foi para os visitantes con Carliños, Muras e Mika facendo marcaxes ao home e anticipándose a case todos os balóns, e disputando os balóns por alto a pesar da diferencia de altura que había a favor do Sar. IMG-20131013-WA0002A primeira ocasión foi para Aitor que controlou un balón dentro da área e non deu disparado ben por culpa do defensa do Sar que lle dou unha patada que se oiu en todo o campo, pero o árbitro non considerou suficiente para pitar penalti. Pouco despois foi o turno de Lojo que se encontrou cun balón sólo diante do porteiro e o seu disparo cruzado marchouse fora logo de tocar o pao. Máis tarde foi de novo o turno de Aitor, pero o seu tiro foise ao exterior das redes. Como suele ser, o que perdoa, págaas. Minuto 30, balón que perde Muras presionado por dous contrarios, pase ao dianteiro e éste marca no man a man con Marcial. 1-0. Os seguintes 10 minutos foron para o Sar co Recesende aínda pensando nas ocasións falladas e na inxustiza do marcador. Os locais puideron aumentar  a súa vantaxe noutro man a man que desta vez si logrou despexar Marcial. Nos minutos finais do primeiro tempo, o Recesende comezou a tocar o balón rápido por abaixo pero sen prisa para chegar a portería sen que o Sar soupera cómo cortar este xogo. É verdade de que sólo foron os últimos cinco minutos e que non tibemos ningunha ocasión, pero démonos conta de que na segunda parte podiamoslle facer daño xogando así. O arbitro decretou o final da primeira parte e as caras dos nosos eran uns poemas.

IMG-20131013-WA0003A segunda parte comezou coma a primeira, co Rece saindo a morder e meténdolle unha marcha máis ao xogo para lograr empatar o partido canto antes. Cun Carliños en plan estelar, o medio seguía a ser noso. Precisamente, foi nunha xogada iniciada de Carliños na que conseguimos o empate. Minuto 55, vaise de dous rivais e mete o pase en profundidade para Lojo quen mete o apse da morte para Aitor que sólo ten que empuxala, 1-1. A rabia contida de xogadores e afeccionados visitantes soltouse de golpe. Pero non nos conformamos con eso  e seguimos buscando outro gol. Gol que tivo Muras na súa cabeza nun remate logo dun saque de esquina que se foi por arriba da portería. De novo, córner ao noso favor que remata de cabeza Jhoni e o balón da nas mans dun xogador do Sar, con dúbidas acerca da voluntariedade, pero o árbitro decide pitar penalti. Munín decidese a lanzalo e pon o 1-2 no taboleiro cando aínda quedaban 25 minutos para o remate. O Sar estaba noqueado e non sabía como chegar á nosa portería con xeito. En ningún momento da segunda metade puxeron en apuros a Marcial. No minuto 75 chega a única expulsión do encontro. Loita por un balón entre Aitor e un rival que acaba con agresión de éste ao noso xogador: roxa directa. Quedaban 15 minutos e estabamos cun home máis, non se nos podía escapar o partido. IMG-20131013-WA0000Ocasións non nos faltaron: Roni enviou o balón ao pao logo dun bonita xogada, Aitor tivo un disparo forte case a bocaxarro que salvou o gardameta local… Pero non foi ata o minuto 82 cando puxemos a sentencia logo dun gran cabezazo de Carabán á saida dun córner.

Pitido final e tres puntos no peto, con unhas moi boas sensacións en canto a xogo. A destacar o debút dos dous novos reforzos: Roni e Raúl. Que deron conta e demostraron que xa están para sair titulares en calquer encontro.

Xogaron: Marcial, Adrián, Nacho, Carabán, Jhoni, Muras (Tubío), Carliños, Mika (Gabi), Lojo, Munín (Roni) e Aitor (Raúl)