
Hoxe recibimos ao Sálvora na Devesiña e será a partir das 16:00 e non das 16:15 como anunciamos onte. Do rival non temos moito coñecemento salvo o que din os seus resultados ata o de agora e tamén pola súa boa labor a tempada pasada na que chegaron a xogar a fase de ascenso a primeira rexional e a piques estiveron de subir. Nesta tempada o seu balance é o seguinte: ocupan a sexta posición na táboa con 15 puntos, tras gañar 4 partidos, empatar tres e perder dous encontros; sumando 16 goles a favor e 13 en contra. No seu último partido veñen de empatar a 1 no seu feudo contra o Esclavitude.