Crocha Balompé CF 2 – 1 S.D.C. Recesende

    .IMG-20130908-WA0005

    MESMOS ERROS, MESMO RESULTADO        

Pasadas dúas xornadas de liga, xa sabemos que ou salimos todos a por todas dende o minuto 1 ata o minuto 90 (máis desconto)  ou moi poucos puntos vamos a sumar. Creíamos que tiñamos a lección ben aprendida logo do que nos sucedeu o domingo pasado, no que nos condenou a falta de concentración en momentos puntuais e tamén a falta de puntería, pero non; volvimos a pecar nos mesmos erros e esta vez máis na falta de intensidade e de concentración que na puntería, que aínda é máis grave. Comezamos o partido moi serios, ben colocados e cas ideas claras, intentando non perder balóns en zonas perigosas e finalizando as xogadas. O Crocha pola súa parte, saiu coa intención de sair co balón xogado dende atrás pero co esta táctica non era quen de crearnos perigo. A posesión do balón foi parexa nos primeiros 45 minutos pero sendo o Rece o que creaba máis sensación de perigo, principalmente pola banda de Alex que foi quen de chegar a línea de fondo en varias ocasións e poñendo perigosos centros que non encontraban rematador. Mentres, na banda de Lojo non chegabamos coa profundidade de sempre pero sí eramos capaces de facer xogadas que remataban con tiros dende fóra da área. A pesar da pouca sensación de perigo do Crocha, foron éstes os que disfrutaron da primeira oportunidade clara de gol, nun remate a bocaxarro que logrou despexar o noso porteiro Diego. Meteunos o medo no corpo, pero reaccionamos ben. Minuto 30: falta ensaiada ó noso favor en tres cuartos de campo que saca Suso hacia o noso lateral Nacho, éste intérnase na área e é derribado por un xogador do Crocha; penalti e gol de Lojo. Agora era o momento de manterse máis fortes que nunca e así o fixemos xa que ata o descanso, logramos que o rival non se acercara con perigo e sen embargo nós poidemos aumentar a vantaxe nunha clara ocasión que Alex non foi quen de disparar no man a man.

No descanso, as palabras do míster eran claras: “estamos ben, temos que seguir seguros en defensa e, sobre todo, non encaixar gol nin meternos atrás nos primeiros minutos”. Pero estas verbas non tiveron o resultado esperado. Se ben é certo que o gol do empate non chegaría ata o minuto 60, xa disfrutaran dunha clara ocasón ao pouco do comezo da segunda parte. O gol do Crocha veu precedido dun cúmulo de despropósitos que acaba cun penalti cometido por Nacho. A sombra do partido frente ao Oleiros planeaba polas peinadas cabezas dos nosos xogadores. Era o momento de dar un paso ó frente, pero non o fixemos coa firmeza que se debería. É certo que disputamos de dúas claras ocasións nas botas de Osvaldo e unha falta de Munin, pero o equipo xa estaba roto e desordeado e o gol do Crocha era previsible. Minuto 80: falta ao borde da área para o Crocha, despexe de Diego quedando o balón na área pequena e aparecen dous xogadores do rival para o rechaze por sólo un dos nosos. Nos minutos finais do partido, intentábamos chegar a meta rival, pero non houbo sorte. Outros tres puntos que tiñamos no peto e que se nos volven a escapar.

Xogaron: Diego, Adrián, Jhoni, Jabalí, Nacho, Susito, Muras (Tubío), Gabi (Mika), Lojo (Munin), Alex (Osvaldo) e Aitor.      Gol: Lojo
Enfermería: Alex foi substituido no descanso por mor dunha brecha na ceja; Muras sufreu un pinchazo no muslo que pareceu que non irá a maiores