 ¿How are you people?? (vai por ti Fandiño)
¿How are you people?? (vai por ti Fandiño)
Despois dun domingo intenso, con Alonso e o Recesende, chega o lunes e chega ENTREVISTADOS!!!!!!! yeahhhhhh!!
A de hoxe é una entrevista especial,xa que é o primeiro cuestionario que non se fai a un xogador. Pero aparte tamén é especial pola persoa da que se trata, o principal culpable (pero non o único) de que este clube continúe unha tempada máis compentindo polas parroquias adiante. Unha persoa que destaca pola súa seriedade, templanza e pola súa planta (que non plantas de… coma outros).
Xa está claro de quen se trata ou non?? O PRESIIIIIIII CASTIÑEIRASSSSSSS
Arrancamos:
– ¿Dónde vives?
Desde fai un ano no milladoiro.
– ¿Cántas temporadas levas no recesende de xogador e presidente?
Catorce de xogador e esta é a terceira de presi.
– Posición na que xogabas normalmente:
Normalmente no mediocampo pero tamen xoguei algunha tempada de central.
– Equipos nos que xogaches:
Xoguei tres anos no cacheiras ( de infantil e cadete) e despois no recesende ata que me rompín os xeonllos.
– Mellor gol que marcaches:
Non marcaba moitos pero recordo un de cabeza que lle marquei o deportivo sar en extramundi porque nos deu a victoria e nos estabamos xogando o ascenso con eles.
– ¿Dónde te sentabas normalmente no vestuario?
Non tiña sitio fixo, onde houbese algún oco.
– ¿Levabas champú para os partidos, aproveitábaste de quen o levaba ou directamente non usabas champú?
durante moitos anos o club deunos o champú e candou deixaron de facelo comezei a levalo.
– ¿Cál foi o teu mellor momento desde que estás de presidente?
Sen dúbida os dous ascensos de hai duas tempadas, aínda que momentos bos hai moitos( as victorias do equipo, non rematar os exercicios en números roxos,…)
– ¿E o peor?
O peor foi o descenso do equipo a tempada pasada porque nos quedamos a un só gol da salvación e lle xogamos de tu a tu a tódolos equipos da liga.
– ¿Cerveza, cubalibre ou licor café?
Birra.
– O obxectivo desta temporada está claro, pero ¿cál é o obxectivo a medio/largo plazo?
Gustaríame que o equipo se asentase na segunda autonómica porque e unha liga bonita e economicamente asumible.
– Se o equipo consegue o ascenso ¿hai algunha prima ou sorpresa preparada?
De momento non hai nada preparado pero por suposto que se fará algunha festiña. De todos xeitos falta moito e non vai ser coser e cantar.
– A túa templanza e saber estar na túa vida normal, contrasta coa fama de bullero que tiñas dentro do campo ¿a qué se debe?
Desde fora vense as cousas de outro modo e daste conta que non ten razón de ser. Só e un deporte. Estaste enfrontado a rapaces coma ti , que o día de maña poden ser os teus amigos ou compañeiros de traballo e tes moitas cousas en común con eles. Por sorte nos últimos anos apenas hai trifulcas, da gusto ir a calquera campo. Estamos todos mais civilizados.
– ¿Qué che gustaría facer cando seas un abuelo?
Home, con que haxa unha baralla de cartas,… pero primeiro hai que ser pai.
– ¿Algunha vez che entraron ganas de levar o arbitro para a comisaría?
Si, e de afogalo no rio tamen.
– ¿Qué apodos tes?
Chámanme castiñeiras, pero mais que apodo é o apelido dunha rama da miña familia.
– Se che propoñen:”a liga é do recesende se lle das un bico no cú a un dos teus compañeiros”. ¿qué xogador/aficionado sería o elexido?
Dariallo a calquera menos a un ultra conocido co alcume de “buyo” (ten fama de ser moi peludo).
