Entrevista a Lucky

luckyBoas noites xiareiros/as do Recesende e demáis curiosos!
Vamos alegrar un pouco a semana, que boa falta fai despois da derrota sufrida onte. Hoxe está aquí connosco, un dos afeccionados máis ilustres do equipo, que tanto nos bos como nos m…alos momentos, sempre se asoma pola Devesiña. O seu nome dio todo, “Lucky” que, como xa deberiades saber significa “sorte”; e sorte é precisamente a que temos nos, de telo como amigo.  Él di que é moi bo o futbolín, pero eu penso que ten moita lucky. Con todos vos, Manueliño Vaamonde Rey, alias LUCKY!!! Arrancamos

– ¿Dónde vives?
En Recesende.

– ¿Cantas tempadas levas animando ao Rece?
Uufff…moitas moitas non me lembro

– ¿Lugar da Devesiña dende dónde animas normalmente?
Preto da cantina .


– ¿Equipos a os que animaches?

Ó Madrid e ó rece.

– Mellor partido que recordes?
O do ascenso en praiña (xa choveu).


– ¿Dónde te situas na cantina?

Normalmente do lado de fora da barra.

– ¿Levas suelto para as pipas, aprovéitcaste de quen as compra ou directamente non as comes?
Non son moito de pipas, pero si me apetecen pidollas a quen as teña.


– ¿Cál foi o mellor momento desde que sigues ó equipo?

O do ascenso en praiña e o da final da copa de xuvenis en cancelas.

– ¿E o peor?
Lembro un partido da copa na devesiña contra o porto do son, ahí menos futbol hubo de todo.


– ¿De dónde sale esa habilidade que tes para marchar dos sitios sin que nadie se entere?

Odio as despedidas..jajaja

– Cóntanos a túa experiencia de esquiar encima dunha televisión e acabar no medio do río.
jajaja mimaaa..foi un ano que nevou moito,atopamos a patalla dun televisor vello e usamolo pa deslizarnos pola neve…e vaia si se deslizou que acabei no  medio do rio…jjajaja que frio pasei


– Estás deixando de fumar, ¿cómo o levas?

Xa é a terceira vez que o intento,haber si é a última…creo que si.

– Debido ao teu traballo, ¿tes algo de culpa cando se vai a línea de Internet ou do teléfono?
Noo nunca, eu no meu traballo son moi responsable. A culpa é da xente que non quere as antenas, e sin antenas non hai nin teléfono nin internet.


– ¿Cál é o teu récord de partidas gañadas seguidas no futbolín?

Non sei pero moitas, dáseme ben ese xogo, asi como cas consolas son un negado.

– ¿Qué che gustaría facer cando sexas un abuelo?
O mesmo que agora pero sen traballar…claro.


– ¿Qué apodos tes?

Lucky…bueno na luaña chamanme “cacheiras”.

– Se che propoñen: ”a liga é do Recesende se lle das un bico no cú a un dos teus compañeiros”. ¿Qué xogador/aficionado sería o elexido?
A Buyo fijo que no…que seique ten o cu moi peludo…jajaja