Entrevista a Muras

entrevista-murasDespois dunha longa ponte, para aqueles que a tiveron, e sen partido este domingo, por fin é luns!!e con el chega… entrevistados!!!
despois de duras negociacións cos seus representantes durante a cea que o equipo celebrou o venres ( saúdos para aqueles que aínda se acaban de levantar dende entón!!), hoxe podemos presumir de entrevistar a unha desas persoas que non pasa inadvertida, xa sexa polo fútbol que ten nas súas botas como polos “tacos” que saen da súa boca, como polos seus diferentes looks rompedores (recordade aquela rasta violeta!!)… un home de carácter, un rapaz que está “muy loco porque de pequeno se tiraba de cabeza ás pedras!!”, un rapaz que non o para nin un cristal blindado, un rapaz que “vale por tres”, …siii,ese mesmoooo…rubén muras!!!

Arrancamos:

– ¿Dónde vives?
Vedra.

– ¿Cantas tempadas levas no recesende de xogador?
7 con esta.

– ¿Posición na que xogas normalmente?
“miedocentro”.

– ¿Equipos nos que xogaches?
Irmandade, colexiata e recesende.

– ¿Mellor gol que marcaches?
Frente ao furia, fai 3 temporadas.

– ¿Onde te sentas normalmente no vestiario?
Lonxe dos flipaos, que están todos apelotonados e o cheiro que desprenden é tóxico.

– Tras varias entrevistas, a teus compañeiros paréceslle o xogador máis follonero do equipo, ¿terá algo que ver con que xa te amonestan antes de debutar na liga?
E logo roni que?? aquí o que pasa e que somos os únicos que non estamos pensando nos 3€/amarilla mentres xogamos, estamos centrados no partido… o resto queda caladiño.

– Un dos teus golpeos máis sonados é o zurdazo, podes explicar por que?
É unha historia moi larga que apenas recordo… pero creo que o meu golpeo máis sonado é o bautizado como “tiro do dragón” frente ó furia, e sabédelo ben!!

– Levas champú para os partidos, aproveitaste de quen o leva ou directamente non usas champú?
Siempre o levo (si, son un pringao).

– Se non te dedicaras ao que queira que te adiques, ¿cres que poderías ter futuro como cerralleiro abrindo portas con moedas de un euro?
Vos non entendistes esa historia; o que estaba intentando era sobornar á porta para que me deixara entrar (estamos en españa, aquí sobórnase a calquera cousa).

– Outra afición que tes é intentar entrar no libro dos record guiness, dinos que foi máis duro: intentar baixar un cubalibre en 5 segundos, comerte 2 rebanadas de pan bimbo nun minuto, comerte un prato de tacos de xamón cocido…
As rebanadas de pan bimbo sin duda, a masa que se formou era impresionante… 2 semanas despois aínda tiña restos na boca.

– ¿Rubias ou morenas?
Moreniñas (que non é o mismo que morenochas; éstas gústanlle moito a algúns que me sei eu).

– Apareceches en anuncios publicitarios de primeiro nivel (ver anuncio de academia premir), o que ninguén sabe é que comezaches anunciando circos, en calzóns e cun póster xigante. ¿Foi iso o que che abríu as portas do estrellato?
Eu creo que sí. o do circo marcou un antes e un despois. a día de hoxe aínda non sei si quero ser actor ou hombre-bala.

– Cal é a mellor maneira de desatascar un retrete: ¿tirar da cisterna ou empuxar cos pes?
Depende do borracho que esteas.

– ¿Qué che gustaría facer cando seas un abuelo? ¿Seguirás contando chistes a un nivel tan bo como ata o de agora?
Espero manter o mismo nivel, pero cambiando a temática para centrarme nos chistes verdes. Aparte adicareime ó que fan todos: ir ó bar, ós entierros e contar contos ó médico.

– En dos teus xogos favoritos é o futbolín, pero parece ser que un día case levas un repaso duns adversarios e en vez de pasar por debaixo do futbolín te escondiches debaixo dun coche:
Todo mentira! son historias diferentes. O do coche tropecei e caín deibaixo dun. O do futbolín xa non me acordo…

– Rumoréase que alargaches a lesión porque pepiño che gañou un duelo de chistes:
Ese rumor non ten ningún fundamento. É verdade que un día intentou contar un chiste, pero apareceu un balón, quixo facer unha das súas chilenas, e xa non puido continuar.

– ¿Qué apodos tes?
Muras, murillas, muritas, potrillas.

– Cando españa gañou o mundial, do contento que estabas decheslle a volta ao coche, ¿se gaña o recesende a liga que farías?
Sería capaz de volver a montar no coche de Luís e ir de rally polas parcelarias de recesende.

– Se che propoñen:”a liga é do recesende se lle das un bico no cú a un dos teus compañeiros”. ¿Qué xogador/aficionado sería o elexido?
Se o recesende me vacuna, me fai un seguro de vida, e se me permite dar o bico con mascarilla e todo un traxe equipado para o caso, sería capaz de lanzar un bico a 3 metros de distancia dirixido o cu de calquera deles… porcos!!!!