S.D. ESCLAVITUDE 5 – S.D.C. RECESENDE 0
Duro varapao o que sufrimos hoxe no Campo do Doce frente a un rival que nos sorprendeu e que durante todo o encontro buscou sair co balón xogado dende atrás. Foi un deses días nos que por máis que se intentara, sabiamos que non nos ía a sair nada. Primeira vez que o Recesende xogaba neste campo, recién construido, ó cal se presentou un bo número dos nosos xiareiros, a quenes queremos transmitirlle que teñan paciencia e que seguro que virán tempos mellores e que esto non é como empeza senón como acaba. Levamos catro xornadas disputadas e 1 sólo punto, pero este foi o único partido ata o de agora que de verdade merecimos perder. Esperemos que esta goleada marque un punto de inflexión e que a partires de agora, a intensidade e as ganas que estamos a poñer nos entrenos, se leven a cabo e se reflexen nos partidos.
O día de hoxe xa comezou mal. A primeira hora da mañá, Suso avisa de que hoxe non pode xogar debido a problemas coa sua rodilla operada. Primeiro revés para o mister, que ten que pensar en alternativas para suplir a baixa deste home que tanto traballo fai. O partido comezou cun Esclavitude, como decíamos, renunciando ao balón en largo e buscando a partir de dous-tres pases aos seus dous homes de arriba, que non pararon de moverse e facilitar o pase en todo o partido.
As xogadas de maior perigo viñan a partir do balón parado. Os dous primeiros corners do rival, foron rematados sen apenas oposición e, de non estar máis concentrados nas marcaxes, o gol estaba a chegar. Pola nosa parte, non conseguíamos dar sensación de perigo. Os nosos interiores, Munín e Mario, non tiveron o protagonismo desexado e sólo conseguían chegar a área despois de sortear sempre a máis de un rival, polo que esta vía de acercamento presumíase complicada. Foi nunha xogada de Munín que conseguiu chegar a línea de fondo e poñer o pase da morte, a ocasión de perigo máis clara que tivemos, pero o balón chegoulle a Mario para a súa perna mala e non puido colocar o balón lonxe do porteiro.
Minuto 25: córner para o Esclavitude que logra rematar e despois de varios rexeites, o balón chégalle a un xogador rival que cun tiro raso logra inaugurar o marcador. Víase vir e así sucedeu; 1-0.
Poucos minutos despois e sen tempo aínda para reaccionar chegaría o segundo gol dos locais logo dunha xogada en banda polo dianteiro que realiza un centro raso que é rematado no segundo pao e éste remate e tocado por outro xogador rival. 2-0. Foi un gol bastante protestado polos nosos por un posible fóra de xogo, pero hai que dicir que foi un gol legal xa que Muras estaba rompendo ese offside.
Estes dous goles tan seguidos propiciaron un duro mazazo do cal non soupemos levantarnos. E para acabar de fundirnos, no minuto 40, falta escorada a favor dos locais que é rematada novamente a placer e sin oposición por un xogador rival, poñendo o 3-0 no marcador. Chega o descanso e vamos para os vestiarios sabedores de que estabamos condenados polos erros nas marcaxes. O obxetivo para a segunda metade era intentar dar unha boa imaxe e intentar maquillar o resultado. Pero esta meta que nos marcamos non a conseguimos e, aos 15 minutos da reanudación, man a man que un xogador do Esclavitude solventa cun tiro raso e pon o 4-0.
As desgracias cébanse con nos e, cando xa tiñamos todos os cambios realizados salvo o do porteiro suplente, lesionase Munín e Diego ten que entrar no seu sitio Minutos despois é o turno de Nacho, ó cal se lle suben os xemelos e ten que acabar o partido con señas evidentes de dor.
O 5-0 foi noutro man a man, no cal Marcial non puido facer nada.
Fin do partido e os nosos marchan do campo sabendo que foron derrotados por un equipo que no día de hoxe foi superior e de que hai que reaccionar xa, non se pode esperar máis.
Xogaron: Marcial, Adrián, Nacho, Muras, Jhoni, Tubío Gustavo), Mika (Gabi), Rafa (Aitor), Munín (Diego), Mario (Lojo) e Osvaldo.