Este domingo 23, con motivo das festas do San Xoán de Recesende, vaise disputar un partido entre xogadores e ex-xogadores do Recesende a partires das 19:00 horas na Devesiña.
Dende aquí invitamos a todas esas persoas que algún día formaron parte deste clube a que veñan a participar neste bonito evento.
Ó remate, haberá unha sardiñada/churrascada (aínda por decidir) totalmente gratis para todos os asistentes, no que sólo se pagará a bebida (precios populares).
Pídese que, a ser posible, quen queira xogar este partido o comunique mediante unha mensaxe a esta páxina ou facéndollo saber a calquer membro da directiva, para ter unha idea de antemán do número de persoas que alí nos daremos cita.
Animádevos e a participar!!!