Hoxe toca un mixto. Por un lado, CLÍNICA SANDÁ preséntanos a fichaxe de Peri, mediapunta procedente do Calo e que tivo algunha oferta de equipos de superior categoría, razón pola cal o corpo técnico ten moitas esperanzas depositadas en él.
Polo outro lado, é GALICARBO quen nos trae a renovación do capi Lojo que unha tempada máis (e xa van unhas cantas) seguirá dando guerra polos campos adiante.