
VOLTA AS ANDADAS
Comezou o partido con boas sensacións para nos xa que saímos moi intensos e o Furia estaba algo impreciso, feito que nos facilitaba roubar balóns en zonas perigosas. Pero este dominio foise diluindo co paso do minutos e sendo o Furia o que pouco a pouco tomara as rendas do encontro.
A primeira ocasión foi para nos nunha xogada na banda de Alex que terminou cun tiro de Muras que o porteiro foi quen de atallar sen problemas. Os locais, aproveitando a movilidade da súa liña ofensiva, creábannos perigo tanto cando buscaban as nosas espaldas como cando saían rápido aproveitando as nosas pérdidas de balón. Aos 20 minutos entrounos una boa páxara mental que nos facía incapaces de dar tres pases seguidos e propiciaba varias ocasións claras para os rivais. O gol deles parecía inminente e así foi: minuto 31, perda de balón nosa en zona de tres cuartos, balón en banda o seu dianteiro quen cun control orientado logra zafarse de dous defensores e encarar a Diego que non puido evitar o gol que a posteriori lle daría os tres puntos.

Tras este gol o partido volveuse algo tolo e tanto puido chegar o segundo o Furia cun tiro ó longueiro e un cabezazo que se foi por moi pouco, como o empate noso cunha falta ó pao de Lojo e un tiro de Roni que sacou de cabeza un defensor cando parecía que lle ía dar problemas ó porteiro.
Chegou o descanso e as instruccións foron claras: máis intensos nas marcas e máis presencia na área contraria. Lojo tivo que quedarse no vestiario por mor dun pinchazo e no seu lugar saiu Rafa.

Na segunda parte controlamos máis o partido pero foi o Furia quen disfrutou de máis ocasións, aínda que a máis clara tivémola nos, con Rafa de protagonista ao non ser capaz de enciar ás redes un pase da norte de Alex.
O Furia, aproveitando a sua superioridade no marcador, limitábase a sair rápido cando roubaba o balón, procurando sempre terminar as xogadas tirando dende calquer posición. Este feito fixo a Diego o mellor dos nosos con intervencións de mérito que nos permitirion chegar vivos o final do encontro.

Nos minutos finais, Nacho tivo o empate pero non chegou cómodo a un balón dividido co porteiro e o seu toque o balón marchouse fora por moi pouco. Este foi o noso último cartucho.
Comentar que o árbitro, ainda que non influiu no resultado, si que nos sacou de quicio coa súa actuación e con varios detalles que nos sacaron do partido. Non sería noticia senón fora porque non xa son varias as ocasións na que este colexiado nos arbitrou e sempre cun comportamento “raro”.
Xogaron: Diego, Nacho (Marcial), Mario, Jhoni, Carabán, Muras, Carlos, Mika (Tubío), Lojo (Rafa), Roni (Gabi) e Alex.
Toca analizar que é o que estamos a facer mal e solucionalo xa senón queremos meternos en problemas. No seguinte partido na casa temos que conseguir os tres puntos para afrontar o último tramo da tempada máis tranquilos e cos deberes da permanencia ben encarrilados.