
PARTIDO SEN TENSIÓN
Non conseguimos voltar de Lousame con algún punto, pero o equipo deu unha boa imaxe sobre o terreo de xogo a pesares de que sólo contábamos con 11 xogadores máis Suso, o cal xa tivo que entrar no campo no minuto 20 suplindo ao lesionado Mika. Na segunda parte chegou Osvaldo e volvimos a ter outro home de recambio.
Como decía, o equipo xogou bastante ben rompendo coa racha de mal xogo de partidos anteriores. Hai que dicir tamén que o Lesende nos deixou xogar en todo momento, sen presionar en demasía a saída do balón. Así foi coma nos primeiros minutos éramos os donos do balón, facendo que a nosa liña defensiva mantivera o esférico sen medo a perdelo e conseguir conectar co medio, sobre todo con Carlos que era que manexaba o equipo. Debido ás ausencias, tivemos que poñer a Mika, que estaba renqueante, de dianteiro punta e esta situación obrigábanos a non enviarlle nin balóns en largo, nin por arriba xa que tiña todas as de perder. Por iso, máis que nunca, a figura dos interiores cobrou máis forza que en ningún outro partido.

Pronto se adiantaron os locais tras unha recuperación en medio campo e cunha transición rápida que acabou nun tiro batendo a Marcial: 1-0 minuto 10. O pouco do gol, produciuse a entrada de Suso colocándose de dianteiro e fixando a posición para ter un home arriba que nos servira de referencia. Continuamos tendo a posesión do balón pero continuamos carecendo de profundidade e, sen ela, non había ocasións. Os únicos acercamentos na primeira parte proviron de xogadas a balón parado.

Mentres tanto, o Lesende seguía ao seu, ben situado no campo e sacando partido das nosas pérdidas para sair como balas ao ataque. Así se chegou ó término dos primeiros 45 minutos.
Á volta dos vestiarios, o equipo saiu máis decidido a polo gol do empate e esto notouse con algunha que outra ocasión nos primeiros instantes da segunda parte. Unha das máis claras chegou tras unha boa xogada colectiva que acabou nun centro medido de Rafa para Lojo, pero que lle caeu para a súa perna mala e quixo deixala atrás en lugar de tirar, sen atopar quen disparara dende a frontal. Tras estes instantes donde dominábamos e chegábamos a área rival, chegou o momento para o Lesende que se produxo en forma de oportunidades. Marcial tivo que emplearse a fondo debido as embestidas locais e tivo ata tres boas intervencións, pero non puido facer nada no segundo gol, logo de que o árbitro pitara un discutido penalti: 2-0 minuto 70.

Reaccionamos rápido e Suso, que xa se encontraba totalmente adaptado na posición de punta, anotou o 2-1 logo dun rexeite do porteiro: minuto 73. Tras este gol, houbo unha xogada na que o árbitro puido decretar penalti logo dunhas mans dun xogador local, pero decidiu que foran involuntarias.
Así se chegou ao final dun encontro no que perdimos, pero que nos vamos cun bo sabor de boca pola imaxe dada.

Xogaron: Marcial, Jhoni, Carabán, Gustavo, Raúl, Muras (Osvaldo), Carlos, Tubío, Lojo, Rafa e Mika (Suso)
Goleadores: Suso