PARTIDAZO DE PRINCIPIO A FINHoxe demos a cara e conseguimos unha importante victoria que, salvo descalabro maiúsculo, case nos asegura a segunda plaza xa que deixamos ao terceiro clasificado a 7 puntos e tendo aínda que descansar.Todo o equipo mostrou un plus de concentración, esforzo e solidaridade a sabendas da importancia deste encontro e coa intención de facer olvidar canto antes o varapao da xornada anterior.
Cun terreo de xogo rapídisimo, un bo control do balón resultaba imprescindible para crear ocasións e para non perder o esférico en zonas de perigo.
Comezaba o partido cun Ortoño presionando arriba e sen deixarnos recibir fácil. Tras os típicos minutos de tanteo, chegaba unha clara ocasión oara o equipo local que acabou co balón no travesaño logo dunha boa parada de Luis. Despois do susto, era o noso turno e, nun rápido contragolpe, unha fenomenal asistencua de Lojo ao primeiro toque, era aprobeitada por Aitor para poñer o 0-1 no marcador. Nin nos conformamos con este gol e seguimos atacando na busca do segundo. Asi foi cando minutos despois unha nova xogada de Lojo era finalizada na boca de gol por Nacho; 0-2. O Ortoño non se rindeu e nun centro, o árbitro, moi riguroso, pitaba mans de Caraban co cal se poñían 1-2 e volvía a emoción ao encontro. Pouco lles durou a alegría xa que no minuto 40, enésima xogada de Lojo que lle servía un balón perfecto para Aitor quen cunha semivolea colocaba o balón nas redes locais; 1-3 e fin da primeira parte. O vestiario era toda ledicia no descanso.
A segunda parte seguiu con mais do mesmo e no minuto 55 era o turno de Gus, quen cun forte cabezazo poñía o 1-4 definitivo. De aqui ao final ocasións e máis ocasións para o Rece que de estar máis acertado nos metros finais estaríamos a falar dunha goleada maior.
A mala nova foi a lesión no tobillo de Gabi despois dunha patada do seu propio compañeiro Gus. Sabemos como son as patadas deste animaliño asique desexámoslle moita sorte a Gabi.
Xogaron: Luis, Adrian, Gus, Caraban, Julio, Muras, Gabi (Mario), Carlos, Lojo (Roni), Nacho (Rafa) e Aitor (Osvaldo).Marcaron: Aitor (2), Nacho e Gus