IMPORTANTÍSIMA VITORIA, PERO CURTA TRALO VISTO NO CAMPO
Gran resultado o colleitado hoxe no campo de Bertamiráns, ante unha morea de fieles seguidores recesendianos, que responderon ao chamamento do clube e se acercaron a apoiar ao Rece, nunha fermosa tarde primaveral. Por eso, dende o clube queremos dar as gracias a todas esas persoas que hoxe se deixaron oir e nos deron folgos para que os xogadores deramos máis do 100% en cada balón disputado. O colorido da grada era claramente roxiblanco debido ás bufandas do equipo, que se airearon en cada un dos goles do equipo.
Metidos xa no partido, éste non defraudou e foi un encontro moi atrativo para o espectador, con un fútbol de toque pero directo, sen especulacións e con continuas ocasións de gol. O Recesende entrou moi metido no partido, presionando ó Ortoño dende arriba, a sabendas de que é un equipo que raramente xoga ó pelotazo. Esta presión fixo que lográramos cortar varios balóns en zona de medio campo e sair rápido buscando a meta rival, creando verdadeiro perigo.
Os disparos de Tubío, Muras e de Carlos facían presumir que o primeiro gol estaba ó caer. E así foi: minuto 20, balón que recolle Lojo dentro da área e o seu disparo raso toca nun defensor visitante despistando ao seu porteiro. Golpe de sorte que poñía o 0-1 no marcador. O Ortoño non era capaz de chegar a nosa área, pero non cesaba no seu empeño de saír tocando o balón. Minuto 30: 0-2; Desmarque de Lojo cara o medio que ve Jabalí, e polle un balón medido para que o capi, nunha especie de vaselina-pifia, poña o balón na escadra. Con este gol os xiareiros do Recesende non cabían de alegría, pero mostrábanse cautos á hora de dar o partido por sentenciado. A partir deste gol, foi cómo se baixaramos un nivel na nosa presión, permitíndolle ó rival xogar máis cómodo no medio campo e dándolle aos seus interiores máis protagonismo. Froito desto, chegou o 1-2. Minuto 40, balón en liña de fondo que logra centrar o Ortoño e gol de Julián rematando dentro da área pequena. Gol dos considerados psicolóxicos e, neste caso, nunca mellor dito.
Chega o descanso e os xogadores do Recesende vanse con mal sabor de boca xa que case no único acercamento do Ortoño conseguiron un gol que os metía de cheo no partido. Comeza a segunda parte e, ao contrario da primeira, é o Ortoño quen sale metido ou nós medio despistados. Minuto 50: despexe da nosa defensa que bate nun xogador visitante, caéndolle o balón a Julián quen, sólo diante de Diego, conseguía poñer o 2-2 no marcador. Xarro de auga fría que nos caeu. Este gol fíxonos despertar e tivemos varias ocasións nos minutos seguintes. A destacar unha internada por banda de Alex quen, despois de deixar atrás a 5 xogadores visitantes, caía dentro da área nun posible penalti. O que non foi posible, senón penalti clamoroso pero non pitado, foron unhas mans dun defensor visitante que colexiado non quixo ver. Minuto 65: 2-3, roubo de Muras no medio do campo, vaise dun xogador e pónlle en bandexa un balón a Osvaldo para que éste poña o balón nas redes, superando ao porteiro rival. Tras este gol, o Ortoño sólo creaba certo peligro en faltas e córners, pero Diego estivo moi seguro neses balóns aéreos. Puidemos aumentar o marcador nun man a man de Alex no que o seu tiro se marchou fora, noutro de Munin que lle lograba sacar o porteiro e nun diparo de Lojo que se marchaba por encima da portería.
Final do partido, cordialidade entre os xogadores de ambos equipos e os nosos xogadores que agradeceron o ánimo dado pola afición. Sabemos que se trata dun gran resultado, pero nada de confiarnos xa que o Ortoño demostrou que calquer xogada sen peligro aparente, poden convertila en gol.
Xogaron: Diego, Nacho, Julio, Carabán, Jabalí, Tubío (Rafa), Muras, Carlos, Lojo (Mika), Alex, Osvaldo (Munin). Goles: p.p, Lojo e Osvaldo.