MELLORAS NO CAMPO

IMG_20150806_181249Estes días comezaron as obras para mellorar as instalacións da Devesiña. A principios de semana era o persoal do concello o que se encargou de continuar o traballo comezado pola directiva de cortar a herba colindante ó terreo de xogo (que non era pouca). E hoxe chegaron as máquinas co fin de nivelar o campo, retirar a terra vexetal e un aporte de entre 2-3 cm de area compactada. Esperemos que nos quede un terreo de xogo decente, xa que a tempada pasada deunos bastante traballo telo nas mellores condicións posibles.
Éstes son os primeiros pasos para conseguir unha mellora das instalacións (municipais), xa que tamén solicitamos mover os banquillos que están demasiado cerca do terreo de xogo, a colocación dunha rede que evite que os balóns acaben no río (a que tiñamos rompeu) e o asfaltado da entrada ó campo, así como colocar ben os focos que debido ó vento sufriron un pequeno desvío.
Veremos o que damos conseguido, pero intentar vamos a intentalo

NOVAS CAMISETAS DE VESTIR

11800207_930289420362143_3147612613857662927_nAquí os están, parecen os tres mosqueteros os chavales. Pero ben guapos que saliron coas novas camisetas de calle patrocinadas por DE PORTA EN PORTA e por JORGE MIRÁS INFORMÁTICA. A verdade é que estamos moi orgullosos e agradecidos da resposta que nos están a dar as empresas, tanto as que xa nos patrocinaban como as que este ano decidiron dar ese paso. Hai que recordar que, sin elas, este equipo difícilmente podría sair a competir debido aos altos costes das fichas e as poucas ou case ningunha subvención que recibimos. Por eso non nos cansamos de agradecer o seu apoio desinteresado.