Hoxe tivo lugar a presentación da nova equipaxe do Recesende, doada por INFANTILANDIA. Sumándose á moda dos novos diseños de camisetas, o Rece optou por apartar a un lado ás franxas roxiblancas e dar paso a este novo modelo que parece que tivo unha boa aceptación entre os que xa as viron.
E iso que os modelos escollidos (non había outros) non eran gran cousa, pero para o que cobraron pola sesión non lle hai que pedir máis tampouco.
A HOSTELERÍA, CO RECE
A hostelerÍa, unha temporada máis, apoiando ó Rece. Éstes tres locais acaban de confirmarnos que seguen apoiando o deporte local, que seguen apoiándonos.
– PEPA A LOBA é un dos locais clásicos da zona vella compostelana. Situado na Rúa do Castro é un dos sitios ideales para tomarse un café ou unhas copas da forma máis tranquila e sempre cun servicio do máis agradable.
– A LIGA CERVECERÍA, pouco podemos añadir ao que seguro xa coñecedes sobre éste local que xa se convirteu, sen dudas, no sitio de moda para tomar as primeiras copas na noite santiaguesa. Sexa polo prezo, polo trato, como polo ambiente, A Liga é xa unha parada obligatoria.
– MARADENTRO é unha das cafeterías máis emblemáticas do concello de Teo e está situada en Montouto. Aquí poderás desayunar, comer, cear ou simplemente probar as súas ricas tapas cunha esmerada atención e un ambiente acolledor. Recordar que ofrece WIFI para os seus clientes