
S.D.C. RECESENDE 1 – 2 SIGÜEIRO F.C.
O SIGÜEIRO REMONTA NOS ÚLTIMOS VINTE MINUTOS O GOLAZO INICIAL DE LOJO.
A Copa do Sar sempre nos trae sorpresas e nós queríamos ser os protagonistas dunha de elas, feito que se demostrou visto o esforzo dos nosos durante os noventa minutos. Os visitantes comenzaron os encontro arrinconándonos cerca da nosa área, cunha dura presión que provocaba que o balón durara o mínimo nas nosas botas. Non tiveron ocasións, pero estaban constantemente merodeando pola nosa zona de perigo.
Pouco a pouco fomos colléndolle o ritmo ó partido. A liña do medio do campo, incluido os extremos, foi entrando en contacto co esférico e arriba os roles estaban ben definidos: Osvaldo era o encargado de aguantar o balón para iniciar segundas xogadas mentres que Portos buscaba sempre a sorpresa cos seus desmarques.
Xogábamos bastante tranquilos, sempre botando un ollo atrás, pero coa intensidade suficiente para gañar rexeites e segundos balóns. Así, a primeira gran ocasión da que dispuxemos transcurriu logo dunha rápida xogada de ataque levada a cabo por Lojo que lle serve un pase raso a Portos quen empalmou de primeiras e deu salvado o porteiro en primeira instancia quedando o rexeite franco para Rafa que tiña sólo que empuxala pero apareceu un defensa para rexeitar o balón a córner.. Esta acción fixo que creésemos aínda máis na nosas opcións e foi coma un impulso.
O Sigüeiro non se poñía nervioso e seguía a esperar a súa oportunidade tocando o balón de lado a lado pero faltándolle ese último pase perpendicular. As accións con máis perigo foron tras dúas xogadas por banda na que sendos centros foron despexados pola nosa defensa.
No minuto 40 chegou o 1-0. Carlos ten o balón no medio do campo, abre a Rafa e o centro de éste é rematado de cabeza por Lojo no borde da área e acaba colándose pola escadra quedando o porteiro inmortalizado. GOLAZO con maiúsculas.
Faltaban cinco minutos para o descanso e lexos de aguantar este marcador seguimos ó noso e a piques estivemos de lograr o segundo tras unha boa xogada combinativa que comezou nunha banda e rematou na outra, acompañando todo o equipo e que finalizou cun gran disparo de Carlos chegando desde a segunda liña e que se colaba por cerca da escadra senón chega a ser pola estirada do porteiro.
Xa nos vestiarios, no tempo de lecer, as palabras do míster eran de felicitacións polo bo traballo realizado pero aínda quedaba outro metade e sabíamos que ibamos a sufrir.
Xa na segunda metade, o arreón esperado dos visitantes non se apreciou. Sí que é verdade que conseguiron custodiar máis o esférico, pero ao igual que na primeira parte, carecían de ese último pase. Unha e outra vez, os balóns colgados dende as bandas eran rexeitados pola nosa firme defensa.
Dispuxemos dunha magnífica oportunidade para facer o segundo, logo dun excepcional pase en diagonal de Carabán que deixou sólo a Alex ante o meta rival, pero o seu intento de vaselina saiulle bastante desviado. Poucos minutos despois chegaría o tanto do empate; balón en tres cuartos para o Sigüeiro que intentan un disparo desde lonxe o cal é rexeitado quedándose de novo co esférico e optando por un centro que, tras unha indecisión nosa, remata cun xogador rival saltando sólo case dentro da área pequena con todo a placer para lograr o 1-1 no minuto 70.
Este tanto sí que nos fixo decaer un pouco no ánimo e notouse xa que nos seguintes minutos non iamos con tanta frescura a polo balón. O derradeiro 2-1 chegou no minuto 80 tras un saque de esquina e posterior fallo de marcaxe que propiciarion de novo un remate de cabeza que se colaba nas nosas redes.
Restaban dez minutos e non nos iamos a dar por vencidos. Nun saque de esquina ó noso favor, Carabán rematou de cabeza as mans do porteiro na que foi a mellor ocasión para forzar o empate. Máis tarde sería Muras o que non chegaba por pouco a un centro de Roni.
O partido chegou ó seu fin e nada que reprochar ós nosos xogadores que loitaron ata o final e demostraron o por qué da súa boa tempada.
Xogaron: Luis, Nacho (Alex), Raúl, Carabán, Muras, Mika, Carlos, Lojo, Rafa (Roni), Portos (Eloi) e Osvaldo (Suso).
Goles: Lojo