REPARTO DE PUNTOS NUN PARTIDO CON MOITO RESPETO
O Taragoña casi di adiós as súas opcións de ascenso logo de deixarse dous puntos ante un Rece con duas caras. 
O encontro comezou con pouco ritmo, sen que ningún dos equipos tomara riscos inncesarios. Tres córners case consecutivos ó noso favor fixeron que os minutos iniciais transcurriran no campo do Taragoña. No minuto 5 chegou o primeiro gol, nunha falta lexana que saca Rafa e que o balón, tras dar un bote, sorprende ó porteiro visitante; 1-0. 
Tras verse por detrás no marcador, os visitantes tomaron as rendas do partido e comezaron pouco a pouco a elaborar xogadas e gañar presencia no medio do campo. Poideron conseguir o empate nunha clara ocasión cun pase da morte no que o remate saiu desviado. O Rece estaba descolocado e co paso dos minutos, esta sensación era cada vez máis notable. 
Foi no minuto 25 cando chegaría o empate, nun saque de banda peinado con forza no primeiro pao e que se colaría polo segundo, superando por arriba a Luis, 1-1. Este gol non fixo máis que animar ó Taragoña e afundir ó Rece que se estaba a ver superado en todas as liñas por un rival que sabía ó que xogaba. Poucos minutos despois do empate, volveron a disfrutar doutra boa ocasión nunha contra ben levada pola banda dereita que terminou cun remate en medio volea que saiu moi pegada á escadra.
Chegou o minuto 35, o cal supuxo o 1-2 no marcador: falta lateral ó seu favor que non evidenciaba demasiado perigo pero, ó igual que lle pasara ó porteiro rival no noso gol, o bote sorprendía a Luis e o balón entraba mansamente na portería. O encontro era 100% do Taragoña desarrollando un xogo moi fácil con rápidas xogadas na que o obxectivo eran balóns a espalda da nosa defensa de tres que se veu desbordada. A última xogada da primeira parte apunto estivo de acabar no terceiro gol visitante senón chega a ser por Roberto que sacou o balón cando este xa entraba na portería.
Momento do descanso e tempo para facer algúns cambios tácticos. Abandonamos a defensa de tres e volvimos a colocar catro homes atrás coa que conseguimos ter máis seguridade.
A segunda metade foi ben distinta a primeira no sentido de que a posesión do balón foi moito máis parexa. Cando tiñamos o balón atrás xa non buscábamos sólo as xogadas directas como no primeiro tempo senón que tivemos máis calma. Un pase largo de Gustavo que se convirteu en disparo, obligou ó porteiro rival a estirarse para despexar o balón, no que foi o primeiro tiro dos nosos desde o minuto cinco no que logramos o gol.
O Taragoña non renunciaba ó ataque e dispuxo dunha boa oportunidade cun disparo que se marchou alto por moi pouquiño. O empate chegou no minuto 58 cando de novo Rafa executa unha falta lateral que é desviada o suficiente por un rival para descolocar ó seu meta, 2-2.
Co empate o partido igualouse ainda máis. O Taragoña necesitaba os tres puntos pero non se vía capaz de chegar con claridade á nosa portería. O Rece fíxose forte en labores defensivas e non pasou verdadeiros apuros. 
A pesar de que non se poden detacar acercamentos con perigo por parte de ningún dos bandos, o encontro foi bonito ata o final especialmente pola intensidade e as ganas que se estaban a ver. O xogo chegou ó seu fin co Taragoña atacando e conseguindo un par de córnerse xa no desconto que non chegaron a bo fin.
Final do partido e un punto para cada un que nos/lles deixa na mesma posición na táboa.
Xogaron: Luis, Nacho, Roberto (Gustavo), Carabán, Carlos, Rafa, Osvaldo (Suso), Ortoño (Alex), Raúl, Sebas (Eloi)
Goles: Rafa (2)