SP LAMPÓN 2 – 5 SDC RECESENDE

DSC09124UNHA VICTORIA QUE CONFIRMA QUE O EQUIPO VAI A MÁIS

Obligados a sacar un bo resultado que cortara a mala xeira de resultados a domicilio, comezamos dominando e tendo o control do encontro. Desde o primeiro minuto fixemos o campo moi ancho para ofrecer solucións polas bandas e se non se podía, tocar atrás sen prisa.DSC09134

O primeiro gol madrugou, foi no minuto 8 cando Roberto se recorre toda a banda para poñer un preciso centro a Portos que tras baixar o balón co peito, fusila ó porteiro: 0-1. Tras o tanto inicial chegaron cinco minutos de auténtico vendaval recesendiano.

Minuto 13, chegou o gol do partido. Nunha xogada na que participou todo o equipo, con máis de 15 pases e indo dun lado a outro, o balón chega finalmente a Rafa para que define cun tiro raso e cruzado: 0-2.DSC09121

Ainda estabamos enorgullecéndonos da xogada do gol, cando un minuto máis tarde era Osvaldo o encargado de poñer o 0-3 nun balón que recolle fora da área e algo escorado, pero sorprendendo ó porteiro dispara ca zurda e cola o esférico polo pao largo.DSC09112O ritmo dos goles apuntaba a marcador escandaloso, pero o orgullo dos locais non o permitiu e puxéronse mans á obra, ou pés ó balón mellor dito. Conseguiron reducir distancias no minuto 15 cando nunha transición rápida e ben levada plantábase un rival na área para batir a Mateo 1-3. Case conseguen facer o segundo na seguinte xogada pero o disparo marchou moi cerca do pao.

DSC09097

O 1-4 chegou no minuto 27, de novo Osvaldo, de novo ca zurda e de novo sorprendendo ó porteiro cunha vaselina tras irse dun defensor.DSC09151

Nos últimos quince minutos o xogo foi moito máis parexo e sen oportunidades, salvo unha de Rafa que fallou en boca de gol.

O inicio da segunda metade foi claramente para o Lampón, con ata tres claras ocasións que obligaron a Mateo a esforzarse. Esta “pajara” nosa durou ata o minuto 60 cando Carlos avanzou co balón, plantouse na frontal e soltou un zurriagazo para conseguir o quinto gol.DSC09108

Rápidamente o Lampón respondeu e conseguiría o 2-5 froito da nosa falta de intensidade para defender unha xogada na que o rival chegou ata a liña de fondo con comodidade e o seu pase da morte era enganchado no segundo pao.

De aquí ó final, poidemos conseguir algún gol máis, pero a relaxación provocada polo marcador evitou que estivésemos finos en ataque.

Xogaron: Mateo, Brais, Roberto (Gustavo), Carabán, Muras (Peri), Carlos, Mika, Roni (Pedro), Rafa, Osvaldo e Portos.

Goles: Osvaldo (2), Rafa, Portos e Carlos

 

 

SDC RECESENDE 3 – 1 SD VALIÑO

IMG_3989UNHA NOTABLE SEGUNDA PARTE PERMÍTENOS SEGUIR INVICTOS COMA LOCAIS

Volvemos a situarnos da metade da táboa para arriba despois dunha moi traballada victoria ante un equipo aguerrido que loitou durante todo o encontro. Unha parte para cada un, pero coa diferencia de que nós fomos máis efectivos de cara a portería.IMG_4008

IMG_3998IMG_4011Comezou o encontro cos dous equipos ben plantados no terreo. O Valiño mostrábase contundente atrás, colocado no medio do campo e con moita movilidade arriba onde casi todas as xogadas de ataque eran acaparadas polo seu hábil extremos izquierdo, que nos deu a tarde. O Rece intentaba xogar tanto cos dianteiros coma coas bandas, pero erraba a conexión entre medio e as citadas posicións.

IMG_4032Con todo, a primeira gran ocasión foi para nós nun centro ó segundo pao para Rafa que non viu chegar o balón que estaba tapado polo defensor. Foi minutos despois, nun saque de esquina cando nos puxemos por diante ó rematar Carabán no primeiro pao coa cabeza: 1-0 minuto 18. IMG_4115

Esta vantaxe durou pouco, xa que tan sólo cinco minutos despois, unha xogada por banda esquerda do Valiño na que nos faltou agresividade (ben entendida) para defendela, remataba cun home rival plantándose na área pequena e batindo a Luis: 1-1 minuto 23.IMG_2448

Os últimos vinte minutos da primeira metade foron para os visitantes, tanto en ocasións coma en xogo. A súa mellor chance para marcar foi nun balón morto na frontal da área que recolle un dos seus xogadores e o seu tiro marcha rozando o pao. Anticipábanse a todo, collían os rexeites, chegaban con efectivos á nosa área… estabamos desexando que chegara o descanso.

Na segunda parte adiantamos a defensa para intentar xogar no seu campo e crear ocasións, co risco de que nos meteran balóns á nosa espalda, situación que non sucedeu. Conseguimos o pretendido e pouco a pouco as ocasións ianse sucedendo.DSC09066

Avisou primeiro Lojo cun disparo a bote pronto dentro da área que se marchou deviado. Máis tarde foi Pedro quen de cabeza enviou o balón bicando a escadra. E por fin, de novo Carabán, aproveitou un balón morto na área pequena para enviala ó fondo das redes: 2-1 minuto 74.DSC09067

O Valiño tiña que irse arriba en busca do empate e case o consegue nunha rápida acción de ataque que deixou o seu dianteiro diante de Luis que saiu a taparlle obligándoo a que disparara pronto e o balón saira demasiado cruzado. DSC09020

Sentenciou Osvaldo no minuto 88 tras unha saida do porteiro rival fora da área, quedando o balón propicio para unha vaselina e así a executou poñendo o definitivo 3-1.

Xogaron: Luis, Brais (Gustavo), Muras, Carabán, Roberto, Mika, Lojo, Roni (Pedro), Rafa (Peri), Portos e Osvaldo

Goles: Carabán (2) e Osvaldo.