Antes de nada dar as gracias a toda a afición do Recesende que se acercou a apoiarnos no derbi. No campo perdimos inxustamente no último minuto, pero na grada creo que gañamos por goleada.
Comezamos o día do derbi con moitísima ilusión e ganas. Sabedores de que ía ser moita a xente de e do Recesende a que ía a estar presente no campo, queriamos adicarlle un bo partido e a victoria pero non puido ser e eso que empezamos rozando a perfección. A primeira parte foi extraordinaria; saimos máis metido no encontro que nunca, cun xogo combinativo e facendo boas xogadas por banda pero que non acababan en gol, unhas por falta de rematador e outras polo pouco acerto de cara a portería. Comentar ademáis que aos cinco minutos do inicio do partido houbo un penalti bastante claro sobre Mika, ata o defensor o recoñeceu, pero que o árbitro non apreciou.
Como se soe decir no mundo do fútbol, “o que perdoa, acábaas pagando”; e iso foi o que nos sucedeu. Na segunda parte tiñamos o cenvencimento de sair igual, pero foi totalemente diferente. Eu creo que o feito de ser tan superiores na primeira metade xogou na nosa contra e fixo que nos confiaramos. A pesar de sair ben logo do descanso, pouco a pouco iamos meténdonos atrás. Non sacabamos o equipo a zona de tres cuartos do noso ataque e iso pasounos factura. Tampouco apretabamos o suficiente e os balóns en largo do Cacheiras facían que case todo o noso equipo estivera metido no noso campo. Conseguiron gañarnos o medio do campo e non collíamos ningún segundo balón. As bandas deixaron de existir para nos. Aínda que non soe estético, o que necesitabamos era un bo balonazo, que o balón saira fora, e empezar a poñer orden no equipo e que os nosos xogadores se posicinaran ben, que apretaran arriba solidariamente e non a tiróns.
O feito de estar tan metidos atrás, tivo a consecuencia de que os seus laterais tiveran libertade para chegar co balón ao noso campo, conseguindo así xuntar máis xogadores contrarios na nosa zona de perigo.
Foi no minuto 90 cando nos meteron o gol da victoria, xa sen tempo para buscar reacción algunha. Forte decepción. Se co empate xa non estabamos contentos, imaxinade coa derrota.
Agora sólo queda esperar ó próximo rival que é o líder destacado da liga, o Lesende. Temos que facer da Devesiña un auténtico fortín, teñen que notar o noso alento en cada xogada, sólo así teremos opcións de gañar. A pesar da derrota, levamos unha boa dinámica, con partidos ou partes de partido moi os e este é o camiño. A segunda parte de onte son cousas do fútbol e espero que nos sirva para aprender.
Vamos RECE!!!