DE NOVO, OS MINUTOS FINAIS SON PROPICIOS PARA NÓS
Tarde perfecta a de onte para a práctica do fútbol, cun campo que tamén se prestaba a eso. Un equipo, o local, que estaba obligado a gañar para non meterse en líos, e outro, o visitante, que se encontra nunha posición máis que cómoda e que de aquí ao final de liga se ten que adicar a desfrutar no terreo unha vez que os deberes xa os ten fixo.
A primeira media hora do encontro foi totalmente nosa. A defensa de tres que volvimos plantexar fixo que primase o xogo ofensivo e ben que se notou. O primeiro aviso foi de Portos, que se encontrou un balón na área pequena e o seu remate a trompicóns foi sacada polo porteiro. Despois deste acercamento, o Porto do Son pisaba por primeira vez a nosa área nun intento de pase da morte que cortaba Jusepe atento.
Minutos despois foi o turno para Raúl, que controla un balón en banda, entra na área pero o seu último toque quédalle demasiado largo e adiántase o porteiro. Esta xogada foi a antesala do primeiro tanto. Minuto 13, presión de Portos na saida do balón, consegue roubalo e plántase diante do porteiro para definir á perfección: 0-1.
Tras poñernos en ventaxa, as ocasións máis claras continuaron sendo nosas. Rafa espetou no pao un tiro de falta ó borde da área e na seguinte xogada, Portos demataba de cabeza ó largueiro.
O encontro non tiña medio do campo, non había control. Era un ir e vir, onde ata o momento eramos nós os que provocabamos máis perigo. Pero o feito de xogar con defensa de tres tiña os seus riscos se nos acabamos as xogadas, e onte non estabamos seguros de todo na parcela defensiva. Foi pasada a media hora cando os locais lograron empatar, nun centro que remataban no primeiro pao, cruzando o balón ó segundo: 1-1.
Este gol deulles un plus de confianza e nese momento sí que se notou quén era de verdade o equipo que necesitaba os puntos. Uns minutos despois deste gol, chegaría unha doble ocasión para eles, primeiro nunha saída de Rubén quedando o balón ó borde da área para un rival e sen porteiro, pero o seu tiro foi bloqueado por Roberto e neste rexeite o pase atrás era rematado cun potente disparo que se marchaba moi cerca do travesaño. Eran os peores minutos do equipo e desexabamos que se pitara o descanso.
A segunda metade comezou con máis calma, parecía que había que tantear o asunto. Este tanteo pouco durou e o Porto do Son lanzouse de novo a polo gol. Primeiro nunha xogada embarullada na que o balón deambulou na área pequena e terminou cun disparo demasiado cruzado. Máis tarde tivo que ser Rubén o que cunha soberbia parada desviaba a córner un balón envenenado.
Foi nese córner no que os locais se puxeron por diante. Minuto 55, remate de cabeza sen oposición dun contrario e 2-1. O resultado facía xustiza co que se vía no terreo de xogo. O Porto do Son, cunha presión asfixiante estaba conseguindo roubar infinidade de balóns e impedir que chegásemos con facilidade a súa área.
Tivemos o empate nas botas de Alex pero o seu disparo saiu un chisco alto. Foi no último minuto e na última xogada cando conseguimos o 2-2 nun córner rematado de cabeza no segundo pao por Gustavo, que xa avisara antes nun par de remates.
Con este empate rematou un encontro no que o Porto do Son xa se vía cos tres puntos no peto e o Rece non se rindeu ata o pitido final.
Xogaron: Rubén, Roberto (Gustavo), Carabán, Jusepe, Mika (Osvaldo), Carlos, Alex, Raúl, Lojo, Portos (Ortoño) e Rafa
Goles: Portos e Gustavo