Viaxamos a Porto do Son para enfrentarnos ao equipo que marca o límite dos postos de descenso. O equipo local ven de sufrir unha inexplicable goleada por 9-0 na última xornada e tememos que chegue co coitelo entre os dentes para sobrepoñerse canto antes a ese varapao. Na ida, o resultado foi de 2-0 con vitoria dos nosos.