Premo 5 Estrelas “Sondeos Guerra”

1896936_810526982338388_5382823542801255527_nPremio 5 Estrelas “Sondeos Guerra” ós mellores do encontro para Carabán e Roni.
O primeiro porque por fin parece que volve coller o nivel que nos tiña acostumados e onte demostrouno, a pesar de que, como ben dixo él, o sábado non foi de perreo e parece ser que é o seu amuleto de sorte para facer un bo encontro.
O segundo porque foi o que canalizou a maioría das xogadas de ataque do noso equipo, mostrándose moi participativo e voluntarioso nunha posición, a de mediocentro, na que non é a súa.