CF RARIS 1 – S.D.C. RECESENDE 2

raris-recesende-cronica
Nova vitoria conseguida hoxe frente a un duro rival, que nos permite seguir contando con opcións do ascenso directo, a pesar de que o Praiña tamén gañou o seu encontro.

Hoxe non se podia fallar, xa que nese caso, todo o traballo feito o partido anterior quedaría en nada. Había que seguir ca mesma dinámica e eso fixemos, ainda que é certo que nos costou entrar no partido.

Nos primeiros minutos estivemos algo perdidos; eran os xogadores do Rarís quenes se anticipaban ao balón e quenes collían todos os rebotes. Notábasenos certa falta de intensidade e eso tradúxose en que as primeiras ocasións foran para o equipo local, que contou cunha clara ocasión que desabaratou cunha gran parada o noso porteiro Luis. Pouco a pouco fumos conseguindo tocar máis o balón e comezando a trenzar xogadas, pero sen chegar con claridade á area do Rarís. Sen embargo, foi nestes momentos cando chegou o gol do rival: un balón en largo a banda que nos pilla mal colocados, o dianteiro tira a portería e Luís logra despexar o balón coa mala sorte de que lle cae nos pés dun xogador local, quen sólo a ten que empuxar. 1-0, novo partido que comezamos perdendo e no que toca remontar.

Había que facer algo, sabíamos que co xogo feito ata ese momento basado en balóns por arriba non nos sería suficiente para superar á corpulenta defensa local. Tratamos entón de xogar o balón un pouco máis por abaixo. Arredor do minuto 40 chegou o gol do empate, nunha xogada de verdadeira sorte: centro de Jabali entre o porteiro e a defensa, éstes non se entenden e o central, no intento de despexar o balón, introdúceo na súa portería. Así chegamos ao descanso.

Na segunda parte, a mellora xa se notou. Os nosos interiores xa foron máis protagonistas ao poder contar con máis posesión de balón. Contamos con ocasións moi claras para poñernos por diante no marcador; foron 3 man a man os que fallamos, cos seus respectivos rexeites. O balón parecía que non quería entrar. Peeeeeeero, minuto 42: balón en largo ás costas da defensa rival, que Lojo controla e fusila cun potente disparo. E con este gol chegou o final do encontro. O obxetivo de aplazar a celebración do Praiña cumpliuse. Unha semana máis terán que gardar as botellas de champán.

Xogaron: Luis, Jabali, Adrián, Julio, Carabán, Muras, Moro (Mario), Munin (Aitor), Roni (Lojo), Nacho e Rafa (Mika).
Goles: en propia meta e Lojo.
Na foto vemos ao capitán, que ata salindo de suplente se converte no salvado do equipo.