SDC RECESENDE 2 – 3 ATL. OLEIROS

Partido pesado hoxe na Devesiña co tremendo calor que facia, a os poucos minutos de partido os xogadores non paraban de ir ós banquillos. Un xogador do Oleiros de feito sufreo un mareo no campo debido ao forte calor.

Primeira parte sin ocasións para os rivais. Tras os primeiros minutos de tanteo boa xogada de Aitor que lle deixa o balón de cara a Munín para que c…a perna esquerda marcara o primeiro gol do encontro.
Pouco despois era Munín o que lle devolvia o favor a Aitor con un bo pase para que este marcara o segundo.
Co 2-0 ibamonos ao descanso.

Cando parecia que o partido estaba de cara, no primeiro minuto do segundo tempo fallo garrafal do Rece e 2-1 no marcador.
O Rece seguiu tendo ocasións pero foi o equipo visitante quen aprobeitou outros 2 fallos dos locales para facer un 2-3 final, con un pouco de sorte incluida nos goles tras varios rebotes.

Temos que seguir traballando para mellorar e pensar xa no partido da próxima semana.

Xogaron: Marcial, Adri, Nacho, Caraban, Adrian(Jabali), Suso, Carliños, Mika(Tubío), Munín(Alex), Lojo e Aitor(Gabi).