
LUNS DE RESACA DA BOA
Por motivos que xa todos podedes entender, onte foi imposible facer a crónica do partido. Máis que unha crónica do partido, vai ser unha homenaxe a todas as persoas que colaboraron para que o Recesende conseguira o seu obxetivo de gañar o playoff de ascenso a segunda rexional.
O partido, que acabou con 4-1 ao noso favor, estivo algo descafeinado polo feito de que o Ortoño se presentou con sólo 10 xogadores. Hai que resaltar que esta situación xa lles suc…edeu no partido de liga frente ao Rois e lograron un meritorio empate a 3 goles, polo que para nada nos tiñamos que confiar nin dar o partido por gañado antes de xogalo. O control do partido foi total pola nosa parte, cun xogo basado novamente nos balóns ás bandas o cal estivo interrumpido continuamente polos infinitos foras de xogo que nos foron pitados. A primeira ocasión clara de gol foi para o Ortoño cun man a man do seu dianteiro que acaba cun disparo ao pao. Este susto fíxonos reaccionar e poucos minutos despois chegou o primeiro gol do partido. Minuto15: xogada de Alex que se vai en velocidade e o seu pase atrás e enviado a rede por Osvaldo, 1-0. As xogadas do 2-0 e do 3-0 foron calcadas a do primeiro gol e tiveron aos mismos protagonistas: Alex de asistente e Osvaldo de goleador, logrando éste un hat-trick. Co 3-0 aos 35 minutos de partido, a eliminatoria estaba sentenciada. Tubío enviou un balón ó pao cun tiro dende fora da área e Lojo tamén tivo a súa oportunidade noutro tiro rexeitado polo porteiro.
Chegamos ao descanso e o traballo estaba feito, sólo faltaba que o partido rematara. A segunda parte xa case sobrou. Tivemos oportunidades de sobra para lograr unha maior goleada, pero sólo poidemos conseguir un gol máis por obra de Muras cun disparo desde dentro da área logo dunha boa xogada de Nacho pola banda que lle deixou o balón atrás. O 4-1 foi no minuto 80 despois dun tiro dun xogador do Ortoño que pega un bote raro e despista a Diego.
Terminou o partido e as botellas de champán apareceron, así como tamén se abriron as duchas para mollar a todo aquel que se poñía por diante. Felicitar ó Ortoño pola boa labor que fixeron durante a competición, en especial neste playoff, sendo un equipo que nunca renunciou ao seu estilo de sair sempre co balón xogado desde atrás, gracias ó cal o aficionado puido disfrutar de dous partidos bonitos de ver.
Novamente a Devesiña volveu a rexistrar un gran ambiente cunha inmensa maioría de siareiros locais, que non pararon de animar en todo o encontro.
Dar as gracias a toda esa xente que nos axudou a que o equipo conseguira o que conseguiu. Este ano foi moi especial por moitos motivos, pero un deles, polo cal a directiva máis contenta e satisfeita se sinte é o feito de que aficionados do Recesende que levaban moito tempo sen vir polo campo, se decidiran a volver a animar ao seu equipo. Esta é unha señal de que as cousas se están a facer ben. Dar as gracias ás rapazas, quenes fan un traballo que se valora moitísimo sen fallarnos un solo día. Tanto as que teñen que facer a sempre difícil tarea de vender as rifas como as que teñen que atender a cantina, que son privadas en moitas ocasións de ver o partido e nunca deron unha soa queixa.
Non olvidarnos tampouco de agradecer a Suso, Fochancas e a Ortoño pola súa predisposición para estar sempre dende unha hora antes do comezo do partido para poñerse no portalón do campo e organizar o tema das entradas.
Gracias a xente que sempre está ahí para facer que o campo estea nas mellores condicións posibles. Falamos de Lucki, de Buyo e de Gustavo. Unhas persoas que xa levan moitos anos prestando a súa axuda a este clube.
Gracias aos colaboradores desta tempada: O Viveiro da Poboa, a Taberna de Recesende e a Zapaterías Pisa Morena.
Dar gracias aos xogadores que comezaron a tempada e que por un ou outro motivo non a poideron terminar.
Gracias a Luis, antigo adestrador, que aínda que a súa marcha non foi a que todos desexábamos, todos sabemos do traballo que leva facendo todos estes anos que estivo no clube e él é tamén é parte do éxito deste ano.
Gracias a Paco e Franelas por coller o equipo nun momento “incómodo” para todos e poñer todo da súa parte para o ben do equipo. A pesar de non contar con experiencia algunha, fixeron unha boa labor.
Gracias a todos os xogadores que fixeron que esta tempada, polo menos personalmente, fora unha das mellores que tiven. O bo ambiente que houbo este ano entre nos é moi difícil de conseguir e isto é unha das claves da gran tempada que fixemos. De esto da fé a presencia dunha media de 16-17 xogadores a todos os entrenamentos e a participación de todos en todas as actividades que fixemos.
E por último, como non, dar gracias ás duas persoas que máis levan rompéndose os cornos polo Recesende: Casti e Furón. Dúas persoas cunha forma de ser que que empatizou perfectamente con toda a plantilla. Duas persoas que sempre estiveron ahí para calquer problema. Duas persoas que puxeron todo e máis da súa parte para que o equipo tivera todo o que pondera necesitar. Duas persoas coas que podías falar de calquera cousa, porque non eran directivos, eran amigos de todos e cada un dos membros da plantilla.
Para a seguinte tempada esperemos que sexa máis e mellor e que ti, recesendiano, esteas ahí para vivilo connosco. Nos próximos días poñerase a data da cea de fin de tempada que xa estamos a preparar para que sexa un festexo a altura dun clube como éste.