S.D.C. RECESENDE 3 – PRAIÑA SC 2

rece
“SOBRESALIENTE CUM LAUDE”

Impresionante, soberbia, maxestuosa, maravillosa, extraordinaria, tremenda, excelente, maiúscula, épica… son moitos os adxetivos para describir a vitoria do Recesende. Partidos coma os de hoxe son os que fan que te sintas orgulloso de formar parte deste equipo e nos que podes dicir en alto “Sí, eu son do Recesende”.

rece-praina3Esperábase un gran encontro na Devesiña, un encontro de poder a poder entre dous equipos que dende antes de empezar a tempada, partían coma os dous favoritos para levarse o título de liga. Pois ben, non defraudaron e cumplíronse as expectativas. É verdade que non se viu un fútbol de toque, pero sí foi un partido con emoción no cal, dende o minuto 1 se viu claramente que era un partido especial, un partido no que cada balón ía ser importante, no que en cada xogada podía pasar calquera cousa, en definitiva, un derbi con moito en xogo.
No quentamento previo xa se notaba a tensión, a seriedade e a concentración era o dominante nas caras dos nosos xogadores, convencidos de que este partido tiña que ser noso sí ou sí, de que non podíamos permitir que o Praiña se proclamara campeón no noso feudo, había que, como mínimo, aplazar este momento.
O corpo técnico tiña ben estudiado ao rival, tanto os seus puntos fortes coma os débiles, e durante toda a semana se encargaron de entrenar a forma de xogarlle: presión, presión e máis presión.
A táctica funcionou a perfección, dende Osvaldo ata a defensa encargámonos de que en ningún momento o rival tocara o balón con facilidade.
A continua chegada da afición por parte dun e doutro equipo, encheu a grada da Devesiña, facendo que a entrada de hoxe batira todos os rexistros dos últimos anos. A xente máis experimentada de Recesende recoñecíao, facía tempo que non se vía tantas persoas no campo de fútbol.

rece-praina2E con todo esto comezaba o partido. Os primeiros minutos foron de tanteo, cunhas defensas que xa avisaban que non se ían complicar nada, a mínima, pelotazo hacia arriba. Os choques e piques sanos entre os xogadores xa se notaban ao pouco do pitido inicial, moi típico dun partido importante. Minuto 20: non houbera ningún acercamento claro, cando un balón que lle chega ao dianteiro rival no vértice da área, colocao para a súa perna boa e o seu disparo era peinado de cabeza por Julio con tan mala sorte que o facía de xeito que se colaba na portería de Diego. Mazazo. O Praiña celebrouno coma se fora o gol do ascenso no último minuto. Tiñamos que reaccionar rápido e fixémolo. Aínda tiñan a sorrisa na boca cando un balón en largo a banda de Lojo, era controlado por éste e cun preciso disparo cruzado, lograba poñer o empate no marcador. 1-1. De aquí ao descanso, sólo destacar que a defensa do Praiña debía estar aleccionada para intentar provocar e sacar do partido a Osvaldo, xogador que tivo que ter paciencia para non caer e non entrar no seu xogo, así coma do seu adestrador o cal dende o primeiro minuto se dedicou a criticar toda decisión arbitral (cando digo toda, é toda) así como a facer algún comentario cada vez que Osvaldo era obxeto de falta.

Descanso. Chegamos ao vestiario convencido de que non eran mellores que nos, de que se seguiamos con esa presión, sobre todo no medio, e se conseguíamos abrir maís os balóns ás bandas, as ocasións ían chegar.
Comezo da segunda parte. Conseguimos ter un pouco máis o control ou a posesión do balón e así, arredor do minuto 57 chega a primeira xogada polémica e comeza a serie de equivocacións do señor colexiado, que ata ese momento estaba a pasar desapercibido. Balón que a defensa do Praiña intenta sacar xogando, Osvaldo rouballe limpamente o balón e o seu disparo acaba dentro das redes; o árbitro anúlao por “falta”. Non o creíamos. Esta xogada, lonxe de desanimarnos, fíxonos máis fortes e poucos minutos despois un centro ao segundo pao era controlado por Alex quen despois de dous amagos, conseguía armar un disparo raso para poñer o 2-1 no taboeiro. Alegría da afición local que vía como se lle daba a volta ao resultado.
Non non tiñamos que conformar con este gol, sabíamos do perigo do rival, polo que meterse atrás e aguantar o partido era case un suicidio. Seguíamos atacando. Non pasou moito tempo cando o colexiado volve a ser protagonista: balón colgado na área do Praiña que Osvaldo cabecea ás redes. Os xogadores estaban a celebrar o 3-1 cando se oen varios pitidos do colexiado o cal estaba anulando novamente un gol, desta vez por supostas mans de Osvaldo, as cales ademáis lle costaron a súa segunda amarela. É dicir, esta xogada legal acababa con un gol anulado e cun home expulsado.
De novo quedámonos incrédulos ante os inventos convertidos en decisións que nos perxudicaron claramente.
Agora si, gañando 2-1 e con 10, era o momento de aguantar o resultado, pero sen renunciar a nada. Así, na seguinte xogada un novo centro ao segundo pao de Lojo, era aproveitado por Alex quen cun incrible salto lograba marcar e poñer o 3-1. O xenio contido tras as decisión arbitrais soltáronse para celebrar este gol, a rabia botouse toda fora.

Faltaban 20 minutos para o remate do encontro e o Praiña aínda creía na remontada. O seu xogo basouse en balóns ao seu dianteiro, pero tanto Carabán coma Julio encargáronse de poñerllo moi difícil, de feito apenas conseguiron crear perigo así.
Foi nunha falta cercana ao córner cando o Praiña recortou distancias. 3-2 e faltaban 10 minutos. Por sorte, soupemos controlar os ataques a desesperada do rival e conseguimos manter o resultado.
PI, PI PIIIItido final. Gañamos un partido que por momentos se puxo moi díficil pero que gracias ao compromiso dos xogadores e os ánimos sen cesar dos aficionados se fixo más fácil.

Destacar a deportividade tanto dos xogadores coma das aficións, que por momentos facían difícil escoitar ao árbitro debido ós canticos entonados.

Xogaron: Diego, Adrián, Nacho (Munín), Julio, Carabán, Moro (Rafa), Jabali, Muras (Tubío), Lojo, Alex (Mario) e Osvaldo.
Goles: Lojo e Alex (2)
A foto corrésponde a celebración post-partido.

GRACIAS RECESENDIANOS!!!!!!!