CD ROIS 2 – S.D.C. RECESENDE 2

rois-recesende-cronica
UN POUQUIÑO DE POR FAVOR

Haiiiii, se ós campos de fútbol sólo viñera xente que de verdade quere ver un partido, quere apoiar ao seu equipo e quere disfrutar dun par de horas cos amigos, daquela sí que daría gusto tanto ser xogador, coma ser aficionado.

Sabemos que sendo xogador é normal (non debería de selo) que teñas que aguantar insultos e comentarios de todo tipo.
Pero o de hoxe foi algo esaxerado. Unha pequena parte de aficionados do Rois dedicáronse dende o minuto 1 a chamarnos de fillos de puta para arriba, a dicir que non iamos salir vivos do campo…Se esto se quedara aquí, pois tampouco pasaría nada, pero o problema é que algún destes aficionados parece ser que quería cumplir co que dixo durante todo o partido e, ao final do encontro, dirixíronse cara os nosos xogadores con dudosas intencións. Resultado: jaleo monumental na entrada de vestiarios durante varios minutos.
Agradecemos ao entrenador do Rois que, unha vez se relaxou o ambiente, se acercara ao noso vestiario a dicir que o sentía e que eles non tiñan culpa do comportamento dalgunha seguidor (chámalle becerro ou chámalle x), e neso dámoslle a razón; pero o que sí lle podemos botar en cara é a actitude dalgún dos seus xogadores, que en lugar de axudar a que todo se tranquilizara, pois adicouse a aproveitarse da situación. Estou a falar dunha persona en concreto, sí, o capitán do Rois. Este energúmeno, no medio da trifulca, saíu escondido do seu vestiario (de cobardes) e soltou un puñetazo pola espalda a un membro do Recesende, moi valente ese xesto. Se tes ganas de dar unha ostia, polo menos sé un home e vaite de frente. En fin, o que tiña que ser unha bonita eliminatoria, pola cal levamos loitando toda a tempada, convirteuse nun escenario de insultos, amenazas e jaleo final.

Vamos ao partido en sí, que é o que de verdade nos ten que interesar. Partido bronco, coma os dous anteriores en liga. A parte dos goles, non houbo ningunha ocasión clara. Polo tanto o resumo do partido vai ser curto, centrándonos sólo nas xogadas dos goles xa que o resto do tempo foi: “balonazo pa´rriba, e o que Dios queira”.
Todos os goles foron na segunda metade, cun final de infarto: Minuto 75: Osvaldo métese dentro da área, o defensa do Rois tirase ao suelo para cortar a internada quedandose co balón e derribando a Osvaldo. O árbitro pita penalti, que foi moi discutido polos locais. Sendo honestos, a min non mo pareceu. O propio Osvaldo é o encargado de lanzar e… GOLLLL!!!!! 0-1 Minuto 91: saque de esquina para o Rois e un dos seus xogadores remata de cabez sen oposición ao segundo pao. 1-1 Minuto 92: na seguinte xogada, balón que o dianteiro local recibe de espaldas dentro da área, fai un control orientado e o seu tiro cólase na nosa portería despois de petar en Julio. 2-1 Minuto 93: última xogada do partido, colle o balón Alex na banda, dribla tres xogadores meténdose hacia o medio da área e mete un punteirolo que se cola na escadra contraria á súa posición. 2-2. Fin do partido. Non é mal resultado para os nosos intereses e saímos cunha extraña mezcla de sensacións, xa que o 0-1 sería perfecto, pero o 2-2 non está nada mal tendo en conta os minutos finais. Así, todo pendente do partido do próximo domingo na Devesiña. Na outra semifinal, o resultado foi: ORTOÑO 1 – BASTAVALES 0.

Xogaron: Diego, Adrián, Jabali, Julio, Carabán (Jhoni), Muras, Tubío (Roni), Moro (Carlos), Rafa (Nacho), Alex e Osvaldo. Goles: Osvaldo e Alex.