S.D.C. RECESENDE 0 – 1 CARCACÍA S.D.

IMG-20150201-WA0028GAÑOU O QUE MÁIS ÍMPETU LLE PUXO

Sabíamos o que nos ibamos encontrar no Carcacía. Un equipo moi aguerrido, forte físicamente, que lle impón un grado moi alto de intensidade a cada xogada e que sobre todo, sabe ó que xoga. Para contrarrestar esto, o mínimo que tiñamos que facer era igualalos en intensidade e foi algo que non fixemos.

Desde o primeiro minuto o Carcacía xa mandaba sobre o terreo. Os seus homes estaban moi ben posicionados mentres que nos aínda non sairamos dos vestiarios. Todo balón acababa nos seus pés, daba igual que fora de rechace, segunda xogada ou saque directo do porteiro.

Co paso dos minutos, este dominio do equipo visitante non facía máis que aumentar e as ocasións íanse sucendendo. O seu xogo era moi claro: saque de portería noso, ben gañaban o balón xa de cabeza ou na segunda xogada e pase en largo ós dianteiros que xa estaban buscando o desmarque. As primeiras ocasións foron en forma de perigosos centros que non encontraban rematador. A máis clara da primeira parte foi unha peinada de cabeza que a piques estivo de sorprender a Luis, pero reccionou rápido desviando o balón a córner.

O Rece non se encontraba. Os xogadores do medio do campo non atopaban o seu sitio e víanse unha e outra vez desbordados pola ansia visitante. A pesar de todo, alá polo minuto 40 foinos anulado un gol por un discutido fora de xogo de Carabán.

Minutos de descanso. Todos o tiñamos claro, de seguir asi o gol do Carcacía sólo era cuestión de minutos. Dúas palabras eran as claves: anticipación e concentración. Os segundos balóns estaban a facernos moito dano xa que non eramos quen de facernos donos de ningún e de aí proviñan a maioría das accións de perigo visitante.

Os primeiros minutos da segunda parte foron igualados, notándose certo cambio de actitude, pero esta situacion durou bastante pouco. O xogo directo do Carcacía volvía a facer que non foramos quen de sair do noso campo. Ademáis, ahora as súas ocasións comezaban a ser moi claras. Carabán tivo que sacar un balón debaixo dos paos cando xa se cantaba o gol e Luis tamén se tivo que emplear a fondo.

No minuto 59 producíase a expulsión por doble cartón dun xogador deles. Parece que non aprendimos a lección do domingo anterior e semellaba que eramos nos os que xogabamos en inferioridade, xa que seguimos sen ter presencia en ataque, salvo un par de xogadas na que o árbitro impediu que foran a máis pitando dous foras de xogo inexistentes, nos que un deles deixaba a Roni sólo frente ó porteiro.

Sí que é certo que, cun home menos, o Carcacía costáballe chegar pero cometimos o erro de concederlle faltas cerca da área con conseguintes balóns aéreos que nos costaba un mundo despexalos. No minuto 74, falta ó seu favor na frontal que é executada cun sútil toque con rosca, bate no pao, da un bote e chegan tres xogadores rivais para empuxar o balón por ningún noso, de novo a falta de concentración facíase notar: 0-1.

Fómonos arriba en busca do empate pero víase de lexos que non ía chegar. A defensa rival semellaba un muro infranqueable que evitaba calquer acercamento e todo despexe desembocaba en contragolpe. Xa nos minutos finais quedámonos sen dous xogadores con sendas expulsións por doble amarela de Gustavo e Roni. As únicas opcións que tivemos de empatar foron con duas faltas directas de Osvaldo e Rafa, que en ambas o porteiro despexou.

Fin do partido e os tres puntos que marcharon para a casa do líder.

Xogaron: Luis, Jusepe, Gustavo, Carabán, Eloi, Muras (Roni), Mika (Suso), Carlos (Jhoni), Rafa, Pedro (Munín) e Osvaldo