S.D.C. RECESENDE 0 – 1 PRAIÑA SPC

Ó Praiña chégalle unha gran primeira parte para levarse os tres puntos da Devesiña, deixando ós nosos moi tocados pero para nada hundidos.

Hoxe era o día señalado como punto de inflexión para que os nosos demostraran que o mal inicio ligueiro quedara en anécdota. Pero non foi así e o Praiña saiu ó partido cun plus extra de intensidade que foi o que nos faltou a nos.

Cunha moi boa entrada no campo (polo menos sacouse algo positivo) e un día que se prestaba para xogar ó fútbol, enfrentábanse dous equipos en situacións opostas: o Praiña enrachado e coa moral polas nubes e o Rece, pois xa sabemos… Pero esto era un derbi, e a situación na taboa de cada equipo queda a un lado.

Saímos cun cambio de estratexia co respecto a partidos anteriores, volvendo Muras a medio do campo por diante dos defensas e cubrindo as costas a Gabi e Carliños, con Jhoni de central e Carabán de líbero. Buscábamos secar e ser maioría no mediocampo pero houbo o efecto contrario. A presencia do dianteiro rival, Yago, as axudas feitas por Román que non parou de moverse polo ataque dos de Puentevea e a posición dun home por diante dos mediocentros, provocaran que dominaran por completo tanto o medio do campo coma os segundos balóns que quedaban soltos nas cercanías da nosa área. Ó dominio do Praiña xuntouse un mal que nos leva acompañando dende fai unhas xornadas, as lesións. Non se cumplira o minuto 10 de partido cando Muras ten que ser atendido por un golpe na tibia, pero consegue aguantar ata o descanso, sendo substituido nada máis empezar a segunda. Adrián, no minuto 30, torce o nocello e ten que ser cambiado. E para rematar, Osvaldo, no 37, resíntese das sçuas molestias na rodilla e tamén ten que ir para a ducha.

Como decía, o Praiña saiu ó terreo coa idea clara de que non lles podía pasar o da tempada pasada e tiña que meterse no partido dende o minuto 1. E así foi xa que conseguiron apoderarse do medio do campo, gañar balóns soltos e anticiparse a case todos os balóns. Non desfrutaran de ningunha ocasión clara pero sí que desprendían sensación de perigo. Foi no minuto 27 cando un centro bombeado dende a banda que parecía que ía acabar en nada, foi rematado polo extremo Alex cun poderoso salto de cabeza, enviando o balón lonxe do alcance de Diego. 0-1, coa ledicia normal dos visitantes.

Lonxe de dar un paso atrás e de gardar un pouco o resultado, o Praiña seguía o seu e nos non eramos capaces de reaccionar salvo con xogadas ailladas pola banda de Lojo que conseguiu rematar en dúas ocasións, unha cunha volea que se marchou alta e outra cun tiro raso que bateu nun defensa e acabou en córner. O Praiña puido aumentar a súa vantaxe cun man a man do seu dianteiro que non deu definido ante Diego.

Os minutos pasaban e por fin chegaba unha boa noticia: o árbitro decretaba o descanso, moi necesario para os nosos para deter o ímpetu rival e ser nos, á volta do descanso, os que deberíamos mandar e manexar o partido.

Na segunda parte, ó inicio seguíamos con moitas imprecisións no pase pero polo menos o Praiña xa non daba a sensación de ir ó ataque con moita xente, parecía ahora sí que deran un pasiño atrás. Co paso dos minutos, ían chegando ocasións para o Rece guiados por un Gabi que levou o timón do ataque. A máis clara, un disparo cruzado de Lojo dentro da área que logra despexar co pé o porteiro de maneira milagrosa. Pouco despois chegou unha xogada polémica na que Munín (en fóra de xogo) era golpeado na cara por un rival dentro da área, sen que o colexiado pitase nada. Instantes despois era o turno das protestas do Praiña por un posible penalti ó seu favor no que o árbitro de novo non apreciou contacto.

E así se chegou o fin do encontro con caras largas nos nosos, conscientes de que se están a escapar puntos moi importantes.

Xogaron: Diego, Adrián (Gus), Nacho, Carabán, Jhoni, Muras (Mika), Carlos, Gabi, Lojo, Munin e Osvaldo (Aitor).