Metidos xa no que nos ocupa, o de hoxe foi un partido case para olvidar, no que o balón estivo máis cerca de tocar as nubes que de acabar dentro da portería, de ahí ven o título, xa que seguramente mañán serán varios os xogadores que sufran dolores no cuello de mirar tanto para arriba.
En ningún momento do partido fumos capaces de controlar o partido e adicámonos a rebentar o balón e ese estilo de xogo non é o adecuado para gañarlle a un equipo coma o Rois, que se encontra cómodo nos balóns aéreos.
A primeira parte saldouse con cero ocasións claras de gol para ningún equipo.
A segunda parte seguiu ca mesma tónica (non falamos de Schweppes) pero con algunha ocasión. Salientar unha boa parada de Diego ao inicio do segundo tempo e un par de disparos nosos nos últimos minutos, cun largueiro incluido.
Queda un partido para rematar a liga e despois tocará xogar a fase de ascenso. Xogaron: Diego, Adrián, Jhoni, Julio, Carabán, Muras (Munin), Jabali, Mika (Moro), Rafa (Carlos), Alex e Aitor (Osvaldo).