S.D.C. RECESENDE 1 – 0 C.D. DODRO

IMG_0842

VICTORIA AGÓNICA E BALSÁMICA

Facía tempo que non se celebraba tanto un gol na Devesiña. O tanto logrado por Eloi no descontó daba paso a un desenfreo de alegría dos nosos que contaxiou ata os máis tranquilos.

O partido comezou sen ritmo, cun xogo moi lento dando mostra de que o principal para ambos equipos era non encaixar. Esta premisa foi tomada ao pe da letra por ambas defensas que non tiveron ningún erro durante os noventa minutos. O Dodro non nos presionou a nosa saída do balón e os nosos centrais eran os encargados de iniciar as xogadas. Este partido sirveunos para correxir erros de partidos anteriores, sobre todo nos referido á presión. Intentamos que ésta fora máis arriba e para eso a nosa liña defensiva tiña que estar máis adiantada para evitar que o equipo se desequilibrara.

Poucas ocasións na primeira parte e aínda menos na segunda. A orden e o bo posicionamento dos dous equipos primou e os porteiros apenas tiveron que aparecer. A primeira foi para nos nun remate de cabeza de Muras que se paseou por diante da portería en busca de alguén para que empuxara o balón pero non apareceu. Acto seguido foi turno para o Dodro nun remate de cabeza tamén que tivemos que despexar baixo os paos.

IMG_0786

Pasada media hora de partido chegou o noso primeiro cambio obligado tras lesionarse Muras e entrar Eloi no seu sitio, xogador que aínda non está ó 100% debido a problemas de rodilla, pero que se convertiría no héroe recesendiano. O noso último acercamento antes do descanso tivo a Lojo de protagonista cun intento de vaselina que non cehgou a bo fin.

Así morría a primeira parte. Pouco se lle podía decir aos nosos xa que a implicación e a disputa foron máximas. O único que deberíamos mellorar era xogar con Rafa maís ao pé para que nos dera tempo a chegar con máis xogadores ao ataque e non surtilo sólo de balóns en largo.

IMG_0812

Na segunda parte máis do mesmo. As defensas impoñíanse e a guerra polo balón no medio do campo era o único interesante do partido. Quizáis foi o Dodro quen tivo un maior control do balón en parte porque lle deixabamos tempo e espacio en zonas do campo onde non é aconsellable. A mellor ocasión do partido foi para eles tras un rápido contragolpe que acabou nun man a man no que Diego resultou gañador mandando o balón a corner. Nos apenas inquedamos a área rival e a súa defensa tivo pouco traballo. Faltábanos profundidade no xogo e o cansancio comezaba a notarse.

IMG_0801

Cando o partido agonizaba eos dous equipos daban por bo o punto chegou o gol que nos daría a victoria. Minuto 42, corner para nos executado por Gabi e que Eloi rematou de cabeza cun golpeo seco na fronteira da área pequeña. Non había case tempo para máis e o árbitro decretaba o fin dun partido moi disputado e no que o máis xusto sería un empate.

IMG_0763

Este gol sirve para romper una racha de dous partidos seguidos perdidos e nos cales non metimos ningún gol. Ademáis con estes tres puntos, subimos postos na clasificación e xa estamos de sextos.

Xogaron: Diego, Gus, Adrián, Muras (Eloi), Carabán, Carlos, Mika (Gabi), Raúl, Lojo (Tubío), Alex e Rafa.