S.D.C. RECESENDE 1 – 0 S.D. ESCLAVITUDE

IMG_1209

SUFRIDA VICTORIA DOS ROXIBLANCOS NUN PARTIDO NO CAL PRIMOU O ASPECTO FÍSICO.

Boa entrada na Devesiña para presenciar un partido no que os locais estiveRon moi serios e sen conceder apenas ocasións de gol.

O Esclavitude, unha plantilla moi forte no aspecto físico, comezou moi metido no encontro e concentrado. Debido a alta intensidade coa que disputaban cada balón, lograban sair con vantaxe da maioría de xogadas divididas e dos rexeites, sobre todo na zona de medio campo.

IMG_1234

O partido non foi moi atractivo para o espectador en canto a ocasións se refire, pero sí o foi no aspecto da loita que se vislumbraba en cada xogada por parte de ambos equipos por conseguir facerse co balón. O primeiro en avisar e meter un pouco de medo ao contrario foi Portos, pero non conseguiu conectar ben co balón tras a saída dun córner e o seu disparo marchouse desviado.

IMG_1202

No minuto 32 chegou o primeiro e único gol do enconto. Balón en largo de Carabán que corta o lateral rival, quen fai unha cesión demasiado curta ao seu porteiro e aí aparece Portos como unha flecha para anticiparse, superar ó porteiro cun toque que en principio parecía que o balón se ía ir por fora, pero Portos consigue chegar antes de que rebase a línea e, tirándose ó chan, saca un disparo case sen ángulo que entra na portería. 1-0

IMG_1238IMG_1240

Na seguinte xogada a este gol, rápidamente poidemos conseguir o segundo nunha indecisión entre defensa e porteiro na que aparece Alex polo medio, supera ó meta e o seu disparo, cando tiña todo a favor, marchase desviado tras un bote defectuoso do balón xusto cando ía rematar.

IMG_1245

O Esclavitude intentou reaccionar e tivo unha boa oportunidade para lograr o empate nunha xogada na que o dianteiro visitante conseguiu plantarse diante de Luis, pero éste logrou chapar o seu disparo ca zurda.

Cando nos achegabamos ao final da primeira parte chegou a mala noticia do partido en forma de lesión. Carabán tiña que abandonar o terreo de xogo tras sufrir unha torcedura no nocello. Xa no descanso, as ordes do corpo técnico foron de que non podíamos perder o sitio como en algún lance do primeiro tempo, o equipo debía ser máis compacto e tiñamos que estar máis cerca do compañeiro que estivera a loitar polo balón para conseguir facerse cos rexeites, no seu caso.

IMG_1251

Na segunda parte, abusamos de balóns ás bandas para facer protagonistas a Alex e a Rafa. Gracias a esto conseguimos chegar en moitas ocasións a línea de fondo pero quizais nos faltou colgar máis balóns e rematar as xogadas.

O Esclavitue tivo máis acercamentos, lóxico por outra parte xa que era o equipo que tiña e debía arriesgar. Canto máis pasaban os minutos, máis perigo ían creando na nosa área aínda que ocasións claras sólo tiveron dúas. A destacar un disparo que despexou Luis, o balón queda morto na área pequena e conseguimos despexalo a duras penas; a outra oportunidade, xa no desconto, un balón colgado á nos portería, varios rexeites e despexes fallidos na área e os rivais que pediron penalti por unhas mans.

IMG_1259

Pola nosa parte tamén tivemos oportunidades para aumentar a diferencia nas botas de Portos: primeiro nun intento de sombreiro coa cabeza que se marchou por fora e despois cunha bonita volea que se foi bicando á escadra.

IMG_1203

O árbitro pitou o final do encotro e outros 3 puntos para o Rece que nos permiten alcanzar o quinto posto na táboa.

Xogaron: Luis, Nacho, Munín, Jusepe, Carabán (Gustavo), Muras, Carlos, Mika (Ortoño), Alex (Roni), Rafa e Portos.

Goles: PORTOS