
O RECESENDE DE SEMPRE APARECE PARA DAR A CARA E LEVARSE 3 PUNTOS MOI VALIOSOS
Xa adiantabamos na previa do partido que non había excusas para non gañar este partido ou, polo menos, para que nadie nos botara en cara de que non o dimos todo para conseguilo. Con esa mentalidade na cabeza de cada un dos xogadores comezamos e rematamos o partido e o esforzo tivo a súa recompensa en forma de victoria.
A primeira parte transcurriu de maneira moi igualada. Ningún equipo foi capaz de facer seu o dominio do balón, gracias en arte a alta intensidade e concentración que ambos planteis mostraron durante os 90 minutos.
Debido a falta de efectivos en defensa pola nosa parte, Suso tivo que improvisar unha defensa formada por Carabán, Jusepe e Raúl, con Muras facendo de central á hora de defender e medio defensivo para atacar. Esa era a intención, pero a práctica obrigounos a xogar con defensa de catro en todas as accións do encontro. O regreso tras lesión de Alex, fixo que inconscientemente e por costumbre volcásemos o xogo pola súa banda a sabendas da súa gran arrancada que fai del un xogador diferente, pero nótase que aínda non está ó 100% recuperado e poucas veces conseguíamos rematar as xogadas desarrolladas por ese lado do campo.

Durante os primeiros 45 minutos, as defensas dos dous equipos estiveron realmente ben e o único perigo chegaba con tiros dende fora da área. Deste xeito foi como chegou a ocasión máis clara da primeira parte, cun balón que se encontrou Mika en bote na frontal e o seu disparo foi desviado a córner por Breixo (ex-porteiro do Rece) cunha boa estirada. Breixo por certo que se tivo que retirar lesionado.

Os intentos do Praiña viñan con balóns ao seu dianteiro que protexía de espaldas os balóns que recibía á espera de que os seus compañeiros adiantasen liñas e deixar balóns de cara para ben golpear a portería ou abrir ás bandas. Un par de disparos lexanos foi o bagaxe dos visitantes no primeiro tempo.
Co empate a cero chegamos ó descanso dun partido que a pesar de non haber ocasións e de que ambos equipos se adicaran a non perder o sitio, estaba a resultar entretido para os numerosos afeccionados que se achegaron á Devesiña, debido a alta intensidade coa que se esforzaron todos os xogadores que participaron no encontro.
No inicio da segunda parte todo puido cambiar se o Praiña aproveitara unha doble ocasión nun man a man que primeiro sacou Luis cunha gran intervención e logo o dianteiro enviou fora o rexeite cando tiña todo de cara para marcar. Aínda non nos recuperáramos deste susto, cando o rival volveu crear moito perigo cun remate de cabeza que se marchou moi cerca do pao. Tras estes sustos, o partido voltou ao seu cauce natural. Quizáis neste segundo período, a dupla formada por Mika e Carlos adquiriu máis protagonismo e tocaron máis balóns, polo que daba a sensación de que éramos nos os que tiñamos o partido un pouco máis controlado.

O partido revolucionouse a favor dos nosos intereseses coa entrada no campo de Roni, que gracias ao seu descaro foi un quebradeiro de cabeza dende o primer minuto que estivo no campo. Del naceu o gol da victoria, tras unha falta latera provocada por el, executada por Rafa con precisión ao segundo pao en donde apareceu Carabán, o de sempre, para poñer o 1-0 no minuto 68.

O Praiña, tres minutos despois sufría un segundo traspés ao quedar con 10 homes tras unha expulsión por dobre amarela. Difícil se lle poñía o partido aos visitantes, que non lles quedaba outra que ir ao ataque sen máis miramentos. Tiñan que arriesgar e por iso o adestrador rival ordenou deixar tres homes arriba en todas as xogadas nas que o balón estivera parado ao noso favor (faltas, córners e saques de banda). En xogada non conseguían atravesar a nosa defensa, asi que intentárono con balóns colgados pero neles aparecía Luis, moi seguro durante todo o encontro, para despexar cada intento rival.

Tivemos ocasións para matar o encontro pero non atinamos. Un disparo de Roni que logorou despexar o porteiro e outro de Suso que se marchou fora, foron as veces que máis cerca andivemos do segundo gol.
Fin do partido e tres puntos para o Rece, que consigue así reanimarse tras as dúas últimas derrotas. Destacar o bo partido feito por todos e cada un dos nosos 14 xogadores que hoxe sairon ao campo, polo que o premio ao mellor do encontro que anunciaremos mañán, será unha difícil decisión que o xurado terá que consultalo coa almohada.
Xogaron: Luis, Jusepe, Carabán, Raúl, Muras, Mika, Carlos, Rafa (Suso), Alex (Portos), Ortoño (Roni) e Sebas.
Gol: Carabán