S.D.C. RECESENDE 1- 1 BASTAVALES U.D.

Formaci_n_Recesende Formaci_n_BastavalesREPARTO DE PUNTOS PARA POÑER PUNTO FINAL Á TEMPORADA

O Rece e o Bastavales brindaron ó público asistente un partido cheo de intensidade e de loita, no que ambos planteis apenas se gardaron forzas e deron todo de sí para acabar a liga cunha vitoria e agradecer así o constante apoio das súas respectivas afeccións._DSC1400

O encontro comezou super igualado. Os dous equipos estaban moi ben plantados sobre o terreo e costaba moito chegar a área rival. O Bastavales, equipo moi forte nos balóns aéreos, mostrouse durante os noventa minutos moi compacto e moi xunto, feito que dificultaba que o pillásemos desprevenido._DSC1403

Co paso dos minutos, os visitantes forons adueñándose pouco a pouco do medio campo, sendo capaces de quedarse ca maioría de balóns divididos e dos rexeites. Debido a esta situación, iban conseguindo acercarse a nosa zona de perigo. Adiantáronse cerca do minuto 30, nunha xogada medio embarullada dentro da área que terminou cun sútil golpeo de balón dun xogador rival que sorprendía a Luis por arriba, 0-1._DSC1430

Coa superioridade no marcador, o Bastavales aínda se encontrou máis cómodo no campo. Nós non encontrabamos a fórmula para meterlle man e eles saían rápido cada vez que roubaban o balón. A piques estiveron de conseguir o segundo tanto de non ser porque o travesaño o evitou logo dun zapatazo dende fora da área. _DSC1418

A nosa tímida reacción chegou por medio dun remate de cabeza que se marchou desviado e de sendos disparos lexanos de Portos e de Rafa, sen maior perigo.

Coa mínima vantaxe para os rivais chegamos ó descanso. Algo había que cambiar xa que o equipo estábase a mostrar moi descompensado e, a veces, ata roto.

O segundo período foi outra historia. Demos varios pasos adiante e fixemos saber que ibamos a polo partido. Avisou primeiro Carabán cun remate de cabeza que se marchou fora por moi pouco. Máis tarde sería o turno para Rafa, que termina unha boa xogada colectiva cun forte disparo que tamén se vai fora._DSC1476

O Rece seguía intentándoo como un martillo pilón, sen descanso. A nosa arma eran os tiros desde fora da área, a sabendas de que era difícil sobrepasar a firme defensa contraria. Pasaban os minutos e a nosa frustración por non conseguir o tanto do empate desembocaba en desesperación._DSC1480

Osvaldo primeiro e Portos despois, remataron ó lateral da rede sendos remates en dúas xogadas perigosas. O Bastavales pouco se deixou ver na nosa área. Tivo unha boa oportunidade de deixar finiquitado o encontro nun lance no que o seu dianteiro quedou man a man con Rubén pero éste logrou salvar o gol._DSC1485

Cando xa parecía que o empate era imposible, no minuto 93 Muras conseguía por fin perforar a rede tras unha boa asistencia de Roni que o deixaba sólo ante o porteiro, 1-1._DSC1434

Xa non houbo tempo para máis e un punto para cada equipo. Agora, a pola copa.

Xogaron: Luis (Rubén), Raúl, Nacho, Carabán, Muras, Mika, Carlos (Roni), Lojo, Alex (Osvaldo), Rafa, Portos (Ortoño).

Goles: Muras