S.D.C. Recesende 1 – 1 CCD Taragoña

SE

Disputado partido o xogado onte na Devesiña entre dous equipos moi parexos, no que a vitoria puido caer de calquer lado e o final, todos máis ou menos contentos co reparto de puntos. O Recesende chegaba a este partido coa misión clara de non repetir erros anteriores e de levarse os tres puntos ante un equipo, o Taragoña, que viña de sumar 4 de 6 puntos posibles. O partido comezaba sen un dono claro da posesión. Houbo bastantes chegadas por ambos equipos pero a maioría delas quedaban en eso, chegadas sin remate a portería. O Rece contaba coas baixas de Lojo e Alex, polo que a profundidade nas bandas ía ser substituida por un xogo onde Osvaldo era o protagonista con continuos balóns a él para que se peleara coa defensas e buscara os interiores, a Rafa e Aitor. A primeira ocasión clara foi para o Taragoña cun tiro que conseguiu repelir Diego cunha boa estirada. Era un aviso do que estaba a vir, xa que no minuto 45, unha falta a favor do equipo visitante era rematada por un xogador libre de marca e poñía o 0-1 no marcador. O árbitro da o gol e automaticamente pita o descanso. Xarro de auga fría para os nosos que vían como na última xogada da primeira parte recibían un gol dos que doen. No vestuario as caras eran largas pero os xogadores sabían que podían darlle a volta ó marcador, partindo da base de seguir seguros en defensa, sobrios no medio do campo e un pouco máis de chispa tanto na dianteira coma polas bandas. Así, o corpo técnico decide cambiar o sistema 4-5-1 para pasar a un 4-4-2, con Aitor axudando a Osvaldo. A segunda parte deu inicio e nesta sí, era o Recesende quen tiña o control do partido con un Suso que abarcaba case todo o campo e Tubío cubríndolle as espaldas. O problema é que era un dominio pero sen perigo, no que o Taragoña non se sentía incomodo con ese xogo. Foi arredor do minuto 70, cando Osvaldo recibe un balón de Gabi e peinao superando a salida do porteiro rival. Este gol facíanos creer que podíamos conseguir os tres puntos e fómonos arriba. Primeiro nha ocasión na que o porteiro saíu a despexar o balón deixando sóla a portería e o balón caeulle a Mario quen en vez de tirar buscou o pase e acabou nun despexe da zaga do Taragoña. Poucos minutos despois, falta tirada por Munin a que Suso, poderoso por arriba, non chegou por milímetros. O Taragoña parecía que se conformaba co empate, pero nin moito menos xa que nos últimos minutos foron eles os que buscaron con máis ainco o gol. Mediante o balón parado, o equipo rival foi quen de conseguir poñer en apuros ó noso equipo, sobre todo nun córner na que non demos despexado o balón e éste caeu case dentro da área pequena a un xogador do Taragoña, o cal buscou un golpeo con colocación, estando atento Diego para conseguir deter o disparo. Pi, pi, pi, fin do partido e un punto que, visto o resultado ao descanso, nos vale para coller algo de moral para afrontar os seguintes partidos. Dar as gracias ao equipo do Taragoña pola súa predisposición e colaboración á hora de cambiar o partido para o sábado e destacar a deportividade dos seus xogadores.

XOGARON: Diego, Adrián, Nacho (Jabalí), Muras, Jhoni, Tubío (Gabi), Suso, Mika (Mario), Rafa (Munín), Aitor, Osvaldo.

Goles: Osvaldo